
Praza de San Martiño
Unha praza para as monumentais escalinatas da Porta Oeste da Catedral, construídas no século XX.
Aínda que as rúas que a rodean teñen unha longa historia, a praza é de construción moderna. Debe o seu nome á torre inacabada da Catedral, en cuxa esquina atopamos un baixorrelevo coa imaxe de San Martiño, patrón da cidade.
No século XX derrubáronse as casas que rodean esta fachada da catedral, permitindo así o acceso por esta porta, a principal, co seu pórtico do Paraíso. Até entón só contaba con balcón. O desnivel salvouse coa construción das actuais escaleiras, obra de Pons Sorolla, e baixo as cales discorre a tradicional rúa das Tendas.
Monumento central de Ourense, ao redor do cal se artella Centro Histórico. É das máis antigas de Galicia, con torres que lle dan aires de fortaleza.