Rúa da Rula
Vivenda de uso turístico
Rúa da Rula 6c, 32002
Un espazo exclusivo ideal para grupos grandes e cheo de comodidades.
Rúa da Rula é unha finca singular situada no ourensán barrio do Couto. Un espazo exclusivo, ideal para grupos grandes e cheo de comodidades: piscina de auga salgada, pista de pádel, aparcadoiro privado…
Trátase dunha vivenda de tres andares que se aluga enteira, cunha capacidade óptima para 18 persoas. A súa incomparable situación, tan só a dez minutos a pé do centro da cidade, permite aos seus visitantes gozar da tranquila e tradicional vida das aldeas galegas sen ter que renunciar aos innumerables plans e propostas que ofrece unha cidade coma Ourense.
Na súa finca privada, duns 14.000 m2, preto de mil oliveiras, unha horta e unha grande variedade de árbores froiteiras (cerdeiras, laranxeiras, milgranda…) danlle a benvida ao viaxeiro que chega a casa. Unha vez dentro é hora de descubrir que se agocha tralas súas portas…
Transportes
Zona de tráfico rodado
Aparcadoiro: garaxe privado (gratuíto)
Rexistro REAT:
VUT – OR – 000099