RyS Ourense Centro

Vivenda de Uso Turístico

Progreso, 58 - 1ºA, 32003

639 682 083

rysourensecentro@gmail.com

www.rysourensecentro.com

Vivenda de 4 dormitorios e garaxe privado en pleno centro de Ourense.

RyS Ourense Centro é unha vivenda de aluguer turístico completamente equipada en pleno centro de Ourense. Con catro dormitorios, dous baños, salón e cociña, ten capacidade para até 8 persoas.

A casa está situada nun edificio de dúas vivendas por andar moi tranquilo, con ascensor e garaxe. O acceso desde a rúa é apto para persoas con mobilidade reducida ao non presentar ningún chanzo, salvando a diferenza de altura cunha rampla.

No interior a vivenda conta con todas as comodidades e servizos. A cociña está equipada con lavalouzas, lavadoras, secadora, cafetera e enxoval e todo o piso foi decorado cun agradable estilo minimalista en tons neutros e brancos, ademais de mobiliario de deseño. Este aluguer turístico dispón tamén e Wifi gratuíto.

Os anfitrións falan castelán, inglés e portugués e contan con dúas tempadas de experiencia aloxando hóspedes.

O aluguer turístico RyS Ourense Centro ten unha localización que permite ao viaxeiro prescindir do coche para coñecer e gozar a cidade. Nun radio de 100 metros atoparedes servizos como farmacias, banco, cafetarías, tendas, un centro de saúde e ximnasio. A Ponte Romana e a popular rúa do Paseo atópanse a apenas 1 minuto a pé e os mananciais termais das Burgas a 5 minutos.