Zarampallo
Hotel familiar con encanto, en pleno centro histórico de Ourense desde 1941.
O hotel Zarampallo é un aloxamento con encanto e longa tradición en pleno centro histórico de Ourense. Rexentado desde 1941 pola mesma familia, neste establecemento os hóspedes atoparán profesionalidade e un trato agradable, e poderán gozar da tranquilidade que lle brindan as nosas habitacións.
O hotel dispón de 15 acolledoras e funcionais habitacións, 11 dobres, 3 de matrimonio e 1 individual, con posibilidade de engadir unha cama auxiliar ou un berce. Son habitacións exteriores, moi luminosas e con vistas á rúa. Algunhas dispoñen de balcón axardinado. Teñen baño privado, duchas con biombo, secador de pelo e artigos de aseo
Admítense mascotas.
Transportes
Zona peonil
Aparcadoiro: Concordia (concertado)
Parada de autobús: Alameda