Regresa a maxia do Nadal a Ourense

Este Nadal Ourense recupera algunhas tradicións interrompidas, coma a grande Cabalgata de Reis.

Tras un ano de pandemia cheo de imprevistos, 2021 supuxo unha certa volta á normalidade nas nosas vidas, aínda que sempre sen baixar do todo a garda coa prevención da COVID-19. Este Nadal, Ourense recupera algunhas das tradicións interrompidas o ano pasado, como a gran Cabalgata de Reyes desde a estación, con novidades como un poboado do Nadal cheo de actividades ou unha gran nevada na Praza Maior. Con todas as medidas de seguridade necesarias, aquí tedes unha serie de plans cos que poderedes gozar dun Nadal case, case como os de sempre.

Belén de Baltar, máxico e sorprendente

De 11.30 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h (até o 6 de xaneiro) – 25, 1 e 6 só horario de tarde.

A capela de San Cosme, no centro histórico, alberga este belén único composto por máis dun cento de figuras realizadas polo escultor Arturo Baltar. Visitádeo con tempo para descubrir todos os seus personaxes: os nenos xogando na praza, os músicos ambulantes, a parella de namorados… Un clásico imprescindible.

Visita gratuíta. Aforo controlado. Como chegar

Concerto de Nadal da Orquestra Sinfónica de Galicia

mércoRes 22 Ás 20.00 – Teatro Principal

A Orquestra Sinfónica de Galicia oofrece o seu tradicional concerto de Nadal no fermoso escenario do Teatro Principal de Ourense. O programa inclúe unha homenaxe a Federico García Lorca e unha peza de Manuel de Falla.
+info e entradas

O Orient Express chega a Carrileiros

5, 6, 8, 12, 19 e 26 de decembro e 2 de xaneiro de 11.30 a 13.30 h

O Parque Ferroviario de Carrileiros Foula, un precioso circuíto de trens a escala, pon as súas mellores galas para recibir o Orient Express, que como cada Nadal chega a Ourense co seu vagón especial de Correos para recoller as cartas de Papá Noel e os Reis Magos. Un plan perfecto para gozar en familia e enchouparse da maxia do mundo do tren.

+ info en http://www.carrileiros.com/ Cómo llegar

Bus musical itinerante

18, 22, 23, 24, 28 e 30 de decembro | 2 de xaneiro

Este Nadal recuperamos un dos eventos itinerantes que máis éxito tivo o ano pasado: un bus musical que percorrerá as rúas de Ourense con espectáculos en directo dos artistas Diego Nóvoa, En Mala Hora, Broken Peach e Dr. Slump.

Recepción de Papá Noel

23 de decembro – Auditorio Municipal

Papá Noel recibirá aos nenos que queiran entregarlle as súas cartas en man nos soportais do Concello. Ademais, participará nun show-recepción itinerante, deseñado por Pablo Méndez, que percorrerá a rúa do Paseo de 17.00 a 18.00 h. Ás 19.00 h haberá un espectáculo gratuíto no Auditorio, para o que haberá que reservar entrada anticipadamente.

18ª MOTI – Mostra de Teatro Infantil de Ourense

23-29 de decembro

Non habería Nadal en Ourense sen a clásica mostra de teatro infantil que desde hai case dúas décadas fai as delicias dos máis cativos.
+info

Programación de Nadal no Auditorio Municipal

do 26 de decembro ao 9 de xaneiro – Auditorio Municipal

O Ballet Nacional Ruso, cun corpo de baile de 45 bailaríns e virtuosos solistas, presentando o título do Nadal por excelencia de P. I. Tchaikovsky, “O Crebanoces”, na tarde de Aninovo será un dos pratos fortes destes días. Pero non será o único dos espectáculos familiares que prepara o Auditorio para estas festas: o 26 terá lugar a gala de ilusionismoMaxia en Familia; o 29 será a quenda da Quimera de Pablo Méndez; o 2 de xaneiro tocará resolver O misterioso caso de Houdini e a habitación pechada; o 4 a compañía Paraíso presentará Úniko; e o 9 pecharase a programación con outra Gran Gala de Ilusionismo familiar.

Nevada na Praza Maior e Pista de Xeo no Ponte Vella

3, 4, 10, 11, 17 e 25 de decembro de 19.00 a 20.00 h – praza maior

Canóns de neve tinguirán de branco a Praza Maior as fins de semana para o goce dos máis pequenos. Os máis atrevidos poderán ir a patinar sobre xeo todas as tardes, até o 9 de xaneiro, na pista que instala na súa terraza o Centro Comercial Ponte Vella.

Espazos de Nadal en Bispo Cesáreo e San Lázaro

Do 3 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro de 17.00 a 19.00 h

No Poboado de Nadal de Bispo Cesáreo, coa casiña de Papá Noel, cada tarde haberá danza, sesións de contacontos e obradoiros de manualidades a cargo do persoal das bibliotecas municipais. No espazo infantil do Parque de San Lázaro, os nenos e as nenas atoparanse co tres Reis Magos e poderán depositar as súas cartas nas súas respectivas caixas de correos, ademais de participar en obradoiros de adornos e complementos de Nadal, postais, chapas e photocall.

Gran Cabalgata coas súas maxestades os Reis Magos

MÉRCOrES 5 de xaneiro 17.30 H – A PONTE

Se as circunstancias o permiten, as súas Maxestades de Oriente chegarán á cidade desde a Estación Empalme e percorrerán coa súa comitiva as rúas da Ponte e o centro de Ourense até chegar á Praza Maior, repartindo caramelos aos nenos que vaian velos.

Tamén en axenda

A cultura non descansa en Nadal e a nosa axenda ten interesantes citas que non podedes perder, coma o concerto do Spirit of New Orleans Gospel Choir (16 decembro) ou unha edición de Nadal do festival musical Musgo (17 e 18 decembro).

Consultade nosa axenda online https://visita.ourense.gal para estar ao día das novidades.