Todo o sabor está en Xantar

Do 1 ao 5 de febreiro a cidade acolle o Salón Internacional de Turismo Gastronómico XANTAR: menús especiais, showcookings, catas e moitas outras actividades para descubrir o mellor da gastronomía española, portuguesa, latinoamericana e, por suposto, todos os #SaboresdeOurense

Un plan perfecto para coñecer Ourense, combinando un baño termal cunha experiencia gastronómica completa. Do 1 ao 15 de febreiro abre as súas portas XANTAR, o Salón Internacional de Turismo Gastronómico, que chega este ano á súa 18ª edición. As instalacións de Expourense transfórmanse para acoller preto dunha vintena de restaurantes onde gozar dos seus menús especiais a prezos redondos.

Panamá é o país convidado nesta edición dunha feira que tamén contará coa presenza de restauradores de Costa Rica, Colombia e numerosas provincias de España e Portugal. A gastronomía ourensá ocupará tamén un lugar destacado, cun menú a base de petiscos elaborados por algúns dos restaurantes gañadores das últimas edicións do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense.

O menú de XANTAR este ano inclúe ademais catas do máis variado (viño, queixos, mel, chocolates), demostracións de produto e showcooking, obradoiros infantís comprometidos cunha alimentación saudable e, por suposto, o IV Encontro de Bloggers Gastronómicos, que un ano máis acudirán a Ourense documentar as últimas tendencias culinarias que se presentan no Salón.

Descobre Ourense cos paquetes especiais de XANTAR

Para pórvolo fácil, desde XANTAR prepararon este ano unha serie de paquetes especiais con todo o que precisades para planear unha escapada a Ourense: estadía dun ou dous días que inclúe un circuíto termal nas ribeiras do Miño e os mananciais históricos das Burgas, visitas guiadas, comida ou cea nalgún dos restaurantes do Salón e acceso libre a todas as actividades da feira.

Oferta especial Xantar con 1 noite de hotel en Ourense a partir de 74,50 €

Conségueo aquí Outras ofertas