Sabores de Ourense – Primavera 2017

Del 23 de marzo al 3 de abril está abierto el plazo para participar en el concurso de pinchos Sabores de Ourense edición Primavera. Aquí podéis descarga la ficha de inscripción y consultar las bases del concurso.

Desde Turismo de Ourense xa estamos a traballar nos preparativos da 6ª edición doConcurso de pinchos de primavera «Sabores de Ourense», que coorganiza o Concello xunto coa Unión de Hosteleiros Ourensáns (UHO=. Este ano o campionato gastronómico desenvolveráse do 27 de abril ao 7 de maio. No perdades de vista estas datas xa que, ademais, coinciden coas celebracións dos Maios, festa declarada de interese turístico coa que Ourense recibe á primavera. É un momento fantástico para achegarse á Capital Termal de Galicia.

Coma en anos anteriores, o regulamento da convocatoria de primavera esixe que os pinchos presentados inclúan na súa elaboración materias primas frescas e de tempada, de produción integrada ou ecolóxica, buscando potenciar así o noso produto local. O importe máximo de cada pincho para venta ao público será de 2,50€.

Do 23 de marzo e ata o 3 de abril está xa aberto o prazo para que os establecementos interesados formalicen a súa participación. Para facelo, deberán descargar a ficha de inscrición (na barra lateral, xunto coas bases do concurso) e a presenten debidamente cuberta acompañada do xustificante do pago da cuota, 50€. Esta documentación deberá ser presentada nas oficina do rexistro municipal, na Casa do Concello (Praza Maior) antes da data límite.