Semana Santa 2023

Ideas para sacar o máximo partido á vosa estadía na cidade de Ourense durante Semana Santa

Oficina Municipal de Turismo

Dirección: rúa Isabel A Católica, 2 (xardíns Padre Feijóo). Tel. 988 366 064. Localización.
Sempre é unha boa idea achegarse á Oficina Municipal de Turismo, onde vos orientarán sobre que facer na cidade e vos facilitarán planos e folletos informativos.

Horario Semana Santa

  • Sábado 1 e domingo 2: de 11h a 14h
  • Luns 3, martes 4 e mércores 5: de 9h a 14h, e de 16h a 20h
  • Xoves 6, venres 7 e sábado 8: de 11h a 14h, e de 17h a 19h
  • Domingo 9: de 11h a 14h
  • Desde 10 abril: de luns a venres 09h a 14h, e de 16h a 20h; sábados, domingos e festivos: de 11h a 14h.

Visitas guiadas: a cidade sen segredos

Percorrer Ourense da man de guías especializados ofrece a posibilidade de coñecer dunha maneira entretida os monumentos e os lugares con encanto, descubrindo a historia, pero tamén as curiosidades e anécdotas que garda esta cidade.

Visitas con guías oficiais

Genuine Galicia

Visitas con guías oficiais en varios formatos: zona monumental, especializada na catedral, temáticas, outros puntos da provincia e resto de Galicia. Posibilidade de realizar en varios idiomas.

Información e reservas: Tel. 675 558 545 / www.genuinegalicia.com 

Free Tours

Guíame Galicia

Información e reservas: Tel. 697 532 683 / web

Galicia Experience

Información e reservas: Tel. 625 166 440 / web

Walking Eating Galicia

Información e reservas: Tel. 644 441 474

Descubrir a Catedral de San Martiño

A Catedral é o principal monumento da cidade e unha das visitas que non se debe perder. A entrada permite descubrir a beleza do Pórtico do Paraíso, o rico Barroco da Capela do Santo Cristo, o Altar Maior e as curiosas pezas que garda a colección de Tesouros da Catedral. Podedes complementar a visita cun paseo panorámico polos seus tellados ou incluso adentrarvos na emblemática igrexa de Santa María Nai.

Horario visitas á catedral

  • Sábado 1: de 10h a 18h*
  • Domingo 2: de 13h30 a 18h*
  • Luns 3: de 10h a 15h* e de 16h a 18h*
  • Martes 4 e mércores 5: de 10h a 18h*
  • Xoves 6 e venres 7: de 11h a 16h30*
  • Sábado 8: de 11h a 18h*
  • Domingo 9: de 13h30 a 18h*
  • Luns 10: de 10h a 15h* e de 16h a 18h*
  • De martes a sábado: de 10h a 18h*
  • Domingo 16: de 13h30 a 18h*

* Última entrada 45 minutos antes do peche

Visitas aos tellados e á igrexa de Santa María Nai

Visita aos tellados da catedral

Con reserva previa (Tel. 608 505 531). Xoves, venres e sábados a 11h e 13h

Visita á igrexa Santa María Nai

Con reserva previa (Tel. 608 505 531)

Plans con nenos I: Explorando Ourense con Martiño

Se viaxades cos máis cativos, achegádevos á Oficina Municipal de Turismo, onde vos proporcionarán uns divertidos mapas da zona histórica e do Paseo Termal do río Miño, para que coñezades a cidade da man das nosas mascotas Martiño e Calpurnia.

Explorando Ourense con Martiño e Calpurnia

Ourense con niños Carrileiros

Plans con nenos II: O mundo do Tren

O Parque Ferroviario Carrileiros amplía os días de apertura para que poidades montarvos sobre os seus simpáticos trens. Completade a experiencia en torno ao mundo do ferrocarril, visitando a colección de trens en miniatura Fernández Pacheco e tomando o Tren das Termas na Praza Maior. Gozaredes dun agradable paseo ata o espazo termal de Outariz e Burga de Canedo, onde poderedes tomar un baño nas súas relaxantes augas (lembrade que a idade mínima de acceso ás termas é de 5 anos nas Termas de Outariz e 10 anos en Burga de Canedo).

Parque Ferroviario Carrileiros

Aberto días 6, 7, 9 e 16 Abril: de 11h30 a 13h30

Localización

Colección Trens CO.FE.PO
  • Sábado 1 e domingo 2: de 11h a 14h
  • Luns 3, martes 4 e mércores 5: de 11h a 14h e de 17h a 21h.
  • Xoves 6, venres 7, sábados 8, domingos 9: de 11h a 14h
    Localización

Gozar dunha experiencia termal

Pasear pola beira do río Miño permite gozar de quilómetros de natureza mentres se descubren os circuítos termais do Paseo Termal.  Aquí poderedes tomar un relaxante baño tanto nas Termas de Outariz (de pago) como nas termas gratuitas de Burga de Canedo.
E tampouco vos perdades as históricas fontes das Burgas, situadas en plena zona monumental, son un dos emblemas da cidade de Ourense.

Programación relixiosa

O Domingo de Ramos unha multitudinaria bendición no Parque de San Lázaro dá inicio á programación relixiosa da Semana Santa, aínda que é a partir do Xoves Santo cando se suceden as principais procesións. Unha das máis singulares é a coñecida como Cerimonia do Desplante, que ten lugar o Domingo de Resurrección. Trátase dun xesto simbólico que evoca o convulso pasado de enfrentamentos entre o poder civil e o eclesiástico que tanto marcou a historia da cidade.

Actividades de Semana Santa (web Bispado de Ourense)

Axenda cultural

E se non vos queredes perder nada, tamén podedes consultar as actividades culturais da cidade na nosa axenda (visita.ourense.gal) e os horarios dos monumentos e lugares de interese nesta ligazón.

Axenda cultural

Horarios de lugares de interese

Moi preto de Ourense

A cidade de Ourense é unha excelente base de operacións para descubrir os seus fermosos arredores. A zona da Ribeira Sacra, as vilas de Allariz, Ribadavia ou Celanova, así como o mosterio de Oseira son algunhas das visitas obrigadas nas inmediacións da cidade. Neste mapa poderedes atopar propostas para todos os gustos. Se non dispoñedes de vehículo propio ou preferides as excursións organizadas, sempre podedes optar por tours con saída desde a cidade.

Viaxes organizadas

Verdant Experiencies:

Excursións dun día con saída desde Ourense a diferentes destinos: Ribeira Sacra, O Ribeiro e outros puntos da provincia de Ourense

Máis información e reservas: Tel. 689 139 381 / www.verdantexperiences.com