Setembro en Ourense

Estes días Ourense deixa atrás a calma do verán para encherse de actividade. Moita atención ao calendario dun mes onde as vacacións alónganse a golpe de festivais, concertos, e unha das citas clave da capital termal, a feira profesional TERMATALIA,

termatalia

Termatalia, a feira do turismo termal

Con 17 edicións ás costas, Termatalia é xa un referente internacional para os profesionais da industrial balnearia e o wellness. Un foro adicado ao apaixoante mundo das augas sanadoras que naceu, como non podía ser doutro xeito, na capital termal de España. A feira celebraráse do 21 ao 23 de setembro no recinto feiral de Expourense, e inclúe encontros con touroperadores, seminarios, formación, rondas de negocios, prensa especializada e unha cata internacional de augas.
+ info en http://www.termatalia.com/

PISTA: Co gallo da feira, o Cineclube Padre Feijóo organiza proxeccións ao aire libre xunto á piscina termal das Burgas: un baño quente e o mellor cine, pódese pedir máis?

pulpoextreme

Vuelve el Pulpo Extreme

Este encontro anual de deportes extremos na cidade das Burgas volve en setembro con forza. O día 9 teremos un aperitivo de luxo co espectacular descenso urbano polas rúas do Centro Histórico, a partires das 10.00 horas na Praza Maior. E do 28 ao 1 de octubre, 4 días de competicións que van do skate ao bmx, pasando por demostracións de grafitti e breakdance, así coma sesións de DJs. A cita, que vai camiño de convertirse nun clásico, será no complexo municipal deportivo de Oira.
+ info en http://pulpoextreme.com

PISTA: Aquí vos deixamos un vídeo do que foi o descenso urbano de 2016. Por se aínda vos faltaban razóns…

madness

A Cidade do Rock: Live for Madness

Soltade a melena e abride ben os oídos, porque neste setembro a cidade do rock está máis viva ca nunca. Thrash, Death e sons máis progresivos dentro do Metal, configuran o cartel do 7º Live for Madness Metal Fest, un festival de pequeno formato que cada ano supérase en calidade, reunindo no recinto do Campo da Feira a algunhas das mellores bandas de toda a escena nacional. Será o 23 de setembro.
+ info en https://www.liveformadness.com/

PISTA: O Live for Madness é, ademáis, un festival solidario. Este ano volverán a facer unha recollida de alimentos en colaboración co Banco de Alimentos de Ourense.

E tampuoco vos perdades…

  • Xa é tempo de vendimias en Ourense. Paga a pena facer unha escapada simplemente só para admirar as tonalidades da paisaxes nestas datas e o traballo de centros de persoas ocupadas na recollida da uva. Na Ribeira Sacra volve circular o popular Viñobús co que coñecer a fondo unha das catro denominacións vinícolas da provincia.
  • Do 28 de setembro ao 1 de outubro chega a 5ª edición da Feira da Cervexa Artesá de Ourense: maltas e lúpulos 100% made in Galicia.
  • A programación infantil volta ao Auditorio municipal. Se viaxades con nenos, os domingos pola mañá tedes unha cita co teatro e a fantasía no alto de San Francisco.