Ourense en Escapadas RENFE
Entre o 21 de febreiro e o 21 de marzo RENFE oferta billetes a partir de 19 € para descubrir Ourense:
Apuntádesvos?
Axenda cultural – Marzo 2019
O Festival de Música Pórtico do Paraíso marca a axenda de eventos dun marzo moi musical en Ourense.
Actividades do Día Mundial do Guía de Turismo
Súmate á celebración do Día do Guía de Turismo con estas visitas gratuítas e descobre Ourense da man de profesionais.
#DIGT2019 #ITGD2019
Entroido en Ourense
Na rúa, ao ritmo da música e sempre con bo humor: o Entroido en Ourense vívese intensamente. Do 28 de febreiro ao 6 de marzo enfúndate no teu disfrace e ven gozalo.
Horarios Nadal 2018
Horarios especiais e días de peche dos principais recursos turísticos para que planifiques a túa visita a Ourense neste Nadal
Nadal #ConLuzPropia en Ourense
Ourense engalánase de luz e cor para recibir o Nadal, sen dúbida unha das nosas festas favoritas do ano. Descubre todas as sorpresas que aquí che agardan e anímate a gozar dun Nadal diferente á calor das augas termais.
III Ciclo de Lírica
Montserrat M. Caballé e Cecilia L. Berganza inauguran un programa que se desenvolverá do 24 de novembro ao 14 de decembro
Saborosos plans de novembro
Do 5 ao 18 de novembro Ourense celebra o seu concurso de petiscos de outono #SaboresdeOurense, unha oportunidade ideal para coñecer a mellor gastronomía local e un plan perfecto para descubrir a cidade no mes dos Magostos, a festa de interese turístico coa que recibimos a estación.
Vive o verán en Ourense
Por fin chegou o verán e o tempo das vacacións. O período estival en Ourense trae consigo algunhas novidades que vos deixamos na nosa web, para que gocedes ao máximo da vosa visita na cidade das Burgas.
Ourense en festas
Do 23 de xuño ao 1 de xullo Ourense celebra as súas Festas Maiores. Descubre aquí toda a programación para estes días: concertos, actividades infantís, animación de rúa, deportes….
Esta primavera Ourense é #UnPlanPerfecto
O bo tempo xa asoma por Ourense e revoluciona a cidade, que estes días rebosa actividade polos catro costados. Música, teatro, moda, gastronomía, augas termais e flores por doquier: a primavera chegou e queremos celebralo contigo.
Vive a Semana Santa en Ourense
Visitas guiadas, exposicións, plans e todo o programa de pasos e procesións relixiosas para que descubras a Semana Santa en Ourense, unha festa chea de tradición e cor con curiosas cerimonias como o Desplante.