É TEMPO DE OUTONO,
É TEMPO DE OURENSE
O outono é, sen dúbida, a nosa estación favorita. En Ourense é sinónimo de castañas, bosques, solpores, sorrisos, brindes e reencontros. É a estación dos Magostos, a nosa festa máis querida, e o mellor momento para descubrir a nosa gastronomía: o outono en Ourense é, ante todo, sabor.
Para que poidas desfrutalo ao teu ritmo propoñémosche tres saborosos plans:
![](https://www.turismodeourense.gal/wp-content/uploads/2021/10/XANTAR_brindis-150x150.png)
XANTAR, Salón Gastronómico Internacional
Degustacións de produtos, catas, showcookings, conferencias e menús especiais dos restaurantes convidados para saborear a mellor cociña. + info
![](https://www.turismodeourense.gal/wp-content/uploads/2021/10/PINCHOS-150x150.png)
Concurso de Pinchos «Sabores de Ourense »
Creativos petiscos a base de cogomelos, castañas e outros produtos de tempada a un prezo redondo. Elixe os teus favoritos! + info
![](https://www.turismodeourense.gal/wp-content/uploads/2021/10/magostos-150x150.png)
Magostos, Festa de Interese Turístico
Un momento para explorar os montes ourensáns e compartir castañas asadas ao redor do lume na mellor compaña. + info
Tamén che interesa…
![](/wp-content/uploads/2021/09/catedral-landing-otono21-200x200.jpg)
![](/wp-content/uploads/2018/02/Claustro-de-San-Francisco-4392-200x200.jpg)
![](/wp-content/uploads/2020/04/romanicocatedral-portada-200x200.jpg)
![](/wp-content/uploads/2016/05/Santomé-castrexo-12-3m-200x200.jpg)
![](/wp-content/uploads/2019/01/botoncaminoweb-200x200.jpg)
En Ourense, mellor con guía
Se queres aproveitar ao máximo a túa visita a Ourense o noso consello é que contactes cun guía especializado. Estes profesionais turísticos encargaranse de deseñar un plan á túa medida e farán que a túa experiencia na cidade este outono sexa inesquecible.
CONTACTA