Verán Cultural 2020
Este verán todos os xoves e venres tedes unha cita coa cultura en Ourense.
Durante os meses de xullo, agosto e setembro en Ourense podedes gozar de propostas culturais para todos os públicos cada xoves e venres. A terraza do Auditorio centra a programación cultural deste verán en Ourense, con actuacións que inclúen música de diferentes estilos (blues, folk, fusión), teatro e circo a cargo de compañías premiadas en certames nacionais e internacionais.
Todas as actuaciones son gratuítas, nun espazo ao aire libre, con asentos e cun aforo reducido, á fin de garantir as correctas medidas de prevención fronte a COVID-19. Comezarán todos os días ás 20.30 h salvo no mes de setembro, que o farán ás 20.00 h.
Jazz sobre o Miño
A programación deste Verán Cultural amplíase con catro concertos de jazz a cargo de Alfonso Medela Trio, tamén de balde. Serán os mércores 15 e 29 de xullo, e 12 e 26 de agosto ás 20.30 h na terraza do Centro Comercial Pontevella, onde poderedes gozar tamén duns espectaculares solpores sobre o río Miño.
Descarga aquí o programa deste Verán Cultural 2020 en Ourense Descargar