Primeiro día – O que non podedes perder

  • 1 A cidade
10.00 h
Oficina Municipal de Turismo
  • 2 Arte e patrimonio
  • 2 Termalismo
10.30 h
As Burgas
  • 3 Arte e patrimonio
11.30 h
Praza Maior
  • 4 Arte e patrimonio
12.00 h
Catedral de San Martiño
  • 5 Arte e patrimonio
13.00 h
San Francisco
  • 6 Gastronomía
14.00 h
Xantar nos Viños
  • 7 Termalismo
16.00 h
Termas do río Miño
  • 8 Arte e patrimonio
18.00 h
Pontes de Ourense
  • 9 Ocio
18.30 h
Tarde de shopping
  • 10 Ocio
21.00 h
A noite en Ourense

Toda visita debería comezar pola Oficina Municipal de Turismo, situada nos xardíns do Padre Feijoo. Estaremos encantandos de explicarvos toda a oferta turística da cidade e facilitarvos mapas, folletos e informacións sobre os horarios dos principais recursos turísticos.

Unha visita imprescindible para entender a orixe da cidade e a súa tradición termal. Comprobade a temperatura da auga que mana nas fontes, tomade un baño na termas e visitade o seu Centro de Interpretación, no que poderedes descubrir a historia do lugar e os restos arqueolóxicos romanos que aquí se conservan.

Subide até a Praza Maior, corazón da cidade vella, onde se atopan algúns dos edificios máis emblemáticos de Ourense: a Casa Consistorial, o antigo Pazo do Bispo, a igrexa de Santa María Nai…

Aquí podedes aproveitar para facer un descanso nalgunha das terrazas do seu esporón.

Subindo pola Praza das Damas chegaredes á porta sur da Catedral, con saída á fermosa Praza do Trigo, por onde poderedes acceder á basílica. No seu interior agárdanvos xoias coma o Santo Cristo, a Capela Maior ou a impresionante policromía do Pórtico do Paraíso.

Continuando pola Praza dos Suaves e a do Correxidor, tomade as escaleiras: ao final delas agárdavos unha vista espectacular de Ourense. Aquí atópase o claustro de San Francisco, unha xoia do gótico que debedes visitar. Non marchedes sen visitar a «Escolma de Escultura», un espazo no que percorrer a historia de Ourense a través de pezas procedentes do Museo Arqueolóxico Provincial.

As ruelas que rodean a catedral (Unión, Fornos, Lepanto, Ferro, San Miguel, Eironciño…) son coñecidas coma «Os Viños»: a zona de tapeo por excelencia da cidade. Sen dúbida un bo lugar para descubrir a gastronomía local.

A segunda parte do día podédela dedicar á Ruta Termal do Miño. A pé,  en bicicleta, ou  tomando na Praza Maior o Tren das Termas, achegádevos descubrir os principais espazos termais de Ourense e gozar dun baño: A Chavasqueira,  Muíño da Veiga,  Outariz…

Bañador, sandalias, toalla e gañas de relaxarvos é o único que vos fai falla!

 

Ao regresar ben podedes detervos a ver todos os pasos que se construíron sobre o río Miño. Desde o máis moderno (a Ponte do Milenio, na que poderedes escalar a súa pasarela-mirador), até o máis histórico: a Ponte Vella, que os romanos levantaron hai xa dous mil anos.

 

Desde a ponte chegaredes ao centro urbano, o Parque de San Lázaro. As rúas da súa contorna forman un centro comercial aberto onde a moda e os complementos enchen os escaparates.

E de volta á zona antiga, máis viva que nunca ao solpor. En Ourense o tapeo nocturno, as terrazas, as copas e a música acadan outra dimensión.

11270247_1021969201180655_7078471523707658269_o

Segundo día

Ampliade o voso itinerario paseando con calma por recunchos singulares e descubrindo os sendeiros e ríos da cidade. Ver máis

SeixalboSantaAgueda

Terceiro día

Reservade tempo para gozar da arte e a historia dos museos e coñecer a beleza da contorna de Ourense.
Ver máis

Oseira 2

Con tempo

Se pensades prolongar a vosa estadía, Ourense é un punto de partida perfecto para coñecer o resto da provincia, as demais cidades galegas ou mesmo facer unha escapada a Portugal.
Ver máis