Ourense, referente urbano da Galicia interior, actúa pola súa situación coma un eixo de comunicacións que conecta o noroeste atlántico co resto de España. Ademais, mantén un estreito contacto con Portugal, cuxa fronteira atópase a apenas 60 km de distancia.

Como chegar… por tren

O tren é unha das mellores opcións para chegar a Ourense; non en van este é un lugar con amplia tradición ferroviaria. Ben conectada con toda a península, foi a primeira cidade de Galicia en sumarse á Alta Velocidade, o que a sitúa a apenas 2 horas e media de Madrid, 35 minutos de Santiago de Compostela e 1 hora da Coruña.

Desde a Estación Intermodal un fermoso camiño cruzando os arcos da Ponte Vella conecta co centro da cidade en 15 minutos.

  • Estación Intermodal (Tren + Autobús)

  • Como chegar… por estrada

    En coche propio ou autobús, Ourense conta cunha boa rede de infraestruturas viarias que facilitan a viaxe. As principais cidades galegas (A Coruña, Santiago de Compostela e Vigo) están conectadas por autovías e autopistas e atópanse nun radio de menos de 200 kms.

    A A-52 sitúa a cidade a só 4 horas de Madrid, mentres que a segunda cidade portuguesa, Porto, atópase a menos de 2 horas de traxecto.mapa accesosweb

    Coordenadas:

    GMS: 42º20’11”N 7º51’48”W
    GM: 42.3379,-7.8638

    Principais accesos:

    • Desde A Coruña e Santiago de Compostela: AP-53
    • Desde Porto, Vigo, Madrid: A-52
    • Desde Lugo: N-540
    AUTOBUSES INTERURBANOS
    • Estación Intermodal (Tren + Autobús)

      Avenida Marín S/N Ver en mapa Autobuses: 988 21 60 27

    • Galicia

      Rede de Transportes de Galicia  988 687 800  –  www.bus.gal

      Betanzos, Chantada, A Coruña, Lalín, Lugo, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Pontevedra, Santiago, Vigo.

      Provincia de Ourense: Allariz, Bande, Barbadás, O Barco, Carballiño, Castro Caldelas, Cea, Celanova , Coles, Cortegada, Esgos, Laza, Manzaneda, Maceda, Maside, Melón, Monterrei, A Peroxa, Pol. San Cibráo + Parque Tecnolóxico, Ribadavia, Toen, Valenzá, Verín, Vilamarín, Vilar de Barrio, Xinzo de Limia, Xunqueira de Ambía, Xunqueira de Espadañedo.

    • España

      MONBUS 982 292 900 www.monbus.es
      Barcelona, Bilbao, Burgos, Lleida, Logroño, Irún, Palencia, San Sebastián, Vitoria, Zaragoza.

      AUTO–RES 912 722 832 www.avanzabus.com

      Madrid, Benavente, Puebla de Sanabria, Tordesillas.

      ALSA 910 207 007 www.alsa.es

      Cádiz, Oviedo, Santander, Sevilla.

    • Internacional

      ANPIAN 988 225 288 anpian.com
      Portugal (Melgaço, Valença, Viana do Castelo). Francia (Burdeos, París, Tours).

      SOCITRANSA 988 590 210 socitransa.com

      Alemaña, Bélxica, Francia, Reino Unido, Países Baixos, Suíza.

    • Como chegar… por avión

      Aínda que Ourense non conta con aeroporto propio, as boas comunicacións sitúan os tres aeroportos galegos internacionais a só un paso.

      O aeroporto de Peinador en Vigo está a 90 km, Lavacolla en Santiago de Compostela a 115 km e Alvedro en A Coruña a 176 km. Tamén é posible viaxar desde Sá Carneiro, en Porto, a escasas dúas horas de traxecto.

      Como moverse na cidade

      Ourense é unha cidade de distancias curtas, cómoda para percorrer a pé e sen présas; sen necesidade de empregar demasiado o coche. Se precisades o vehículo, gustaravos saber que o tráfico na cidade é fluído e relativamente doado atopar aparcadoiro.

      APARCADOIROS
      • Paseo, 22. 988 245 105
      • Saenz Diez, 36. 988 370 494
      • Alameda do Concello. 988 255 817
      • Progreso, 76 A. 988 371 434
      • Juan XXIII s/n. 988 374 700
      • Progreso, 135. 988 370 031
      • Arturo P. Serantes, 4. 988 245 852
      • Ramón Puga 52-54 (Complejo hospitalario) 988 239 497
      • Camiño Portalón do Casar, s/n. SABA (CHOU – Residencia)
      • Ervedelo, 32 988 249 157
      • Reza, 12 988 223 080
      • Dr. Fleming, 30. 988 242 931
      • Dr. Fleming, 10. 988 255 377
      • Avda. Zamora, 4. 988 239 290
      • Rúa da Concordia, 12 988 603 820
      • Avda. Ribeira Sacra, 50 ( C.C. Ponte Vella) 988 510 232
      • Salvador de Madariaga, 6. 988 244 882
      • Ramón Cabanillas, 3. 988 220 246
      • Avenida de Marín, s/n SABA (Estación Intermodal).
      ALUGUEIRO DE COCHES
      CARSHARING

      Para traxectos longos, a cidade conta cunha rede de autobuses urbanos con varias rutas que cubren comodamente o eixo norte-sur da cidade. Imprescindible se queredes visitar a zona termal do Miño é empregar o Tren das Termas, con saída desde a Praza Maior. Tamén atoparedes paradas de taxi en diferentes puntos estratéxicos.

      AUTOBUSES URBANOS
      • Urbanos de Ourense

        988 51 06 72 | Mapa completo de liñas en https://ourense.avanzagrupo.com/gl/inicio

      • Parque San Lázaro: Todas as liñas
      • Alameda e Posío: Todas agás 5, 20, 19, 21
      • Estación Intermodal (Tren + Bus): 1, 3, 4, 6A, 12, 15, C17, 25A, 25B, 33
      • Pazo de Deportes Paco Paz / Expourense: 12, 16 – Preto: 1, 2, 13B, 14, 33
      • Seixalbo: 1, 2, 14, 33
      • Cumial: 33, 14, 9* (*Hotel Auriense)
      • Oira: 11A, 23* (*só xullo e agosto)
      • Mende (acceso máis próximo a Santomé): 9, C17
      • Quintela: 1, 3, 33, C17 – Cerca: 15
      • Avda. Santiago: 2,4, 7, 11B, 13A, 13B, 14, 16, 20, 22, 25A
      • Campus: 9, 10, 20, 27
      • Auditorio: 18, 11A e 11B (acceso más próximo a Parque Montealegre)
      • Complexo Hospitalario: 3, 4, 6A, 6B, 9, 13A, 18, 21, 22, 25B, 26
      • Termas: 19 (Tren das termas), 5 (Outariz), 26 (A Chavasqueira)
      • Camiño de Santiago: 13A, 13B (Cima da Costa e Madrosende)
      TAXI
      • Teletaxi

        988 21 00 11 | www.teletaxiourense.com

      • Eurotaxi – Servizo persoas con mobilidade reducida

        Licencia 52 600 293 664
        Licencia 9 677 251 055
        Licencia 21 617 432 734
        Licencia 70 600 407 255
        Licencia 95 677 468 175

      • Paradas

        Complejo hospitalario 988 24 96 00
        Alameda 988 220 997
        Jardín del Posío 988 222 943
        Juan XXIII 988 371 437
        Parque San Lázaro 988 232 716
        O Couto 988 220 069
        Estación Intermodal 988 213 855
        Avenida de Santiago (A Ponte) 988 371 643
        As Lagoas – Campus Universitario
        A Cuña

      • Moverse en bicicleta

        Polas súas características, Ourense é tamén unha cidade ideal para os amantes da bicicleta, con fermosas rutas como as que discorren polas sendas fluviales, case 20 km sen tráfico motorizado.

        MÁIS INFORMACIÓN
        • CICLOSPORT GIL

          Arturo Pérez Serantes, 5 988 245 308
          Ciclisportgil.es
          Alugueiro de bicicletas – Pecha sábados tarde e domingos.