La campaña «Ourense un plan perfecto» se salda con una excelente ocupación hotelera en la ciudad

A Oficina Municipal de Turismo atendeu a preto de 800 visitantes durante a período da campaña (do 27 de outubro ao 9 de novembro) que combinou descontos en billetes de tren, publicidade exterior e publicidade en medios de comunicación online de cobertura nacional.

Del 27 de octubre al 9 de noviembre la Concejalía de Turismo y Termalismo de Ourense ha desarrollado una acción de promoción dirigida a público nacional denominada «Ourense un plan perfecto», combinando publicidad exterior en ciudades de Galicia (Santiago, Coruña), Castilla y León (León, Ponferrada) y Madrid,  con una campaña de medios de comunicación online en distintas plataformas.

O balance desta campaña deixa unha ocupación media do 92 % nas dúas fines de semana (días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 novembro) nos establecementos hoteleiros da cidade consultados. En canto ao número de visitantes atendidos na Oficina de Turismo, foron 794, dos que a maioría procedían de fóra de Galicia: 556 de España e 103 do estranxeiro. Para o 82% esta era a súa primeira viaxe á nosa cidade.

Cómpre destacar un incremento no número de turistas atendidos neste mes de outubro (2.839) respecto do ano pasado (2.078), o que supón un 37% de incremento. Pola súa banda, as cifras do Instituto Nacional de Estatística amosan un crecemento continuo mes a mes respecto das cifras do ano pasado. A finais do mes de setembro xa foran máis de 100.000 os viaxeiros que elixiran Ourense como destino.

Promoción online de Ourense como Capital Termal de Galicia

Por vez primera la Concejalía de Turismo ha combinado en esta acción publicidad tradicional con una campaña audiovisual en medios  combinou a publicidade tradicional cunha campaña audiovisual en medios dixitais de cobertura nacional para prmocionar a imaxe de Ourense como Capital Termal de Galicia. O obxectivo inmediato foi a difusión do desconto nos trens con destino Ourense ofertado por RENFE durante esas datas e, polo outro lado, de incrementar o tráfico de visitantes ao portal turístico da cidade, completamente renovado desde o mes de agosto.

A campaña apostou pola difusión do novo vídeo promocional lanzado desde a Concellería, unha historia humana que apela aos valores de Ourense como destino de escapada, coa oferta termal como elemento diferenciador e principal reclamo turístico. A peza audiovisual difundiuse a través de servizos de vídeo online e medios de cobertura nacional, tanto xeralistas como especializados, e tamén se realizaron insercións nas redes sociais Facebook e Youtube.

Con esta acción, financiada grazas a un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, acadouse máis de 1 millón de visualizacións nos diferentes soportes, sumando preto de 600.000 reproducións íntegras do spot e 70.000 novos usuarios no páxina municipal de turismo.

O concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, destaca que «este é o camiño que queremos trazar para o turismo da cidade: con campañas novidosas e contando coa cooperación doutras administracións e organismos para posicionar a Ourense como un Plan Perfecto á hora de planificar un viaxe. Seguiremos nesta senda para que a nosa cidade se convirta nun destino turístico de referencia para as familias e as persoas que buscan aunar termalismo, patrimonio, gastronomía e un sinfín de posibilidades que ofrece Ourense».