Novas
A campaña «Ourense un plan perfecto» sáldase cunha excelente ocupación hoteleira na cidade
A Oficina Municipal de Turismo atendeu a preto de 800 visitantes durante a período da campaña (do 27 de outubro ao 9 de novembro) que combinou descontos en billetes de tren, publicidade exterior e publicidade en medios de comunicación online de cobertura nacional.
Do 27 de outubro ao 9 de novembro a Concellería de Turismo e Termalismo de Ourense desenvolveu unha acción de promoción no exterior dirixida ao público nacional denominada «Ourense un plan perfecto», combinando publicidade exterior en cidades de Galicia (Santiago, Coruña), Castela e León (León, Ponferrada) e Madrid, cunha campaña de medios de comunicación online online en distintas plataformas.
O balance desta campaña deixa unha ocupación media do 92 % nas dúas fines de semana (días 28 e 29 de outubro e 4 e 5 novembro) nos establecementos hoteleiros da cidade consultados. En canto ao número de visitantes atendidos na Oficina de Turismo, foron 794, dos que a maioría procedían de fóra de Galicia: 556 de España e 103 do estranxeiro. Para o 82% esta era a súa primeira viaxe á nosa cidade.
Cómpre destacar un incremento no número de turistas atendidos neste mes de outubro (2.839) respecto do ano pasado (2.078), o que supón un 37% de incremento. Pola súa banda, as cifras do Instituto Nacional de Estatística amosan un crecemento continuo mes a mes respecto das cifras do ano pasado. A finais do mes de setembro xa foran máis de 100.000 os viaxeiros que elixiran Ourense como destino.
Promoción online de Ourense como Capital Termal de Galicia
Por vez primeira a Concellería combinou a publicidade tradicional cunha campaña audiovisual en medios dixitais de cobertura nacional para prmocionar a imaxe de Ourense como Capital Termal de Galicia. O obxectivo inmediato foi a difusión do desconto nos trens con destino Ourense ofertado por RENFE durante esas datas e, polo outro lado, de incrementar o tráfico de visitantes ao portal turístico da cidade, completamente renovado desde o mes de agosto.
A campaña apostou pola difusión do novo vídeo promocional lanzado desde a Concellería, unha historia humana que apela aos valores de Ourense como destino de escapada, coa oferta termal como elemento diferenciador e principal reclamo turístico. A peza audiovisual difundiuse a través de servizos de vídeo online e medios de cobertura nacional, tanto xeralistas como especializados, e tamén se realizaron insercións nas redes sociais Facebook e Youtube.
Con esta acción, financiada grazas a un convenio coa Axencia de Turismo de Galicia, acadouse máis de 1 millón de visualizacións nos diferentes soportes, sumando preto de 600.000 reproducións íntegras do spot e 70.000 novos usuarios no páxina municipal de turismo.
O concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, destaca que «este é o camiño que queremos trazar para o turismo da cidade: con campañas novidosas e contando coa cooperación doutras administracións e organismos para posicionar a Ourense como un Plan Perfecto á hora de planificar un viaxe. Seguiremos nesta senda para que a nosa cidade se convirta nun destino turístico de referencia para as familias e as persoas que buscan aunar termalismo, patrimonio, gastronomía e un sinfín de posibilidades que ofrece Ourense».