A Catedral Basílica de San Martiño é, sen ningunha dúbida, un dos eixos monumentais de Ourense: o elemento que articula o Centro Histórico, a cidade medieval.

Como auténtico tesouro artístico e histórico que é, a súa visita require tempo para deterse a admirar a beleza e maxestosidade non só do edificio, senón de todos os segredos que garda no seu interior.

Para coñecela e gozala, recollemos aquí unha pequena guía de visita que comeza percorrendo o exterior, as catro portas onde se pode apreciar a evolución construtiva dunha obra que comeza no século XII e continúa case até os nosos días, para despois continuar paseando a xirola polas súas capelas interiores.

  • 1 Arte e patrimonio
Catedral de San Martiño
  • 2 Arte e patrimonio
Pórtico do Paraíso
  • 3 Arte e patrimonio
Capela Maior
  • 4 Arte e patrimonio
Capela do Santo Cristo
  • 5 Arte e patrimonio
Tesouros da Catedral
  • 6 Arte e patrimonio
Arte Románica na Catedral de Ourense
  • 7 Arte e patrimonio
Visitas ao campanario da Catedral
  • 8 Arte e patrimonio
Visita os tellados da Catedral

Monumento central de Ourense, ao redor do cal se artella Centro Histórico. É das máis antigas de Galicia, con torres que lle dan aires de fortaleza.

Unha emocionante sinfonía de cor construída en pedra en cuxas arcadas atoparemos os apóstolos, os profetas e os anciáns da Apocalipse tañendo os seus intrumentos.

Un belo retablo dourado centra o espazo, bañado pola luz que se filtra polo ciborio gótico.

Garda una das tallas máis coñecidas da cidade, un Cristo barroco de gran verismo rodeado de lendas.

Unha colección que custodia xoias como o Misal Auriense, o libro máis antigo impreso en Galicia.

A Basílica de San Martiño é posiblemente unha das catedrais románicas máis interesantes da Península pero tamén unha das menos coñecidas.

A torre ofrece unha panorámica diferente sobre a cidade de Ourense

A partir de novembro de 2021 xa é posible explorar as cubertas da Catedral de San Martiño, unha perspectiva única e diferente sobre Ourense.