Visit Ourense – Genuine Galicia
Somos un grupo de guías turísticos profesionais que realiza rutas por Ourense e Galicia. Apostamos por un turismo responsable co medio, o patrimonio e as persoas.
Ofrecemos visitas guiadas, rutas temáticas, excursións, escapadas personalizadas… Grupos, particulares e colexios. Ourense cidade, provincia e toda Galicia.
www.visitourense.es | www.genuinegalicia.com
675 558 545
Actividades dispoñibles todo o ano
Visita guiada ao Ourense Monumental: O tour permite coñecer a zona histórica de Ourense, o seu ensanche do século XIX, e a zona medieval coa súa curiosa e inclinada Praza Maior, as fontes das Burgas, etc.
Prezo: Adultos 1 0€ | Infantil (13-17 anos) 5 €
Visita guiada á Catedral de San Martiño: Descubre ao detalle todos os segredos da Catedral de Ourense, incluíndo a beleza do seu Santo Cristo, a sala dos tesouros e a sinfonía de cores do seu Pórtico do Paraíso.
Prezo: Adultos 10 € | Infantil(13-17 anos) 5€
Combinado: Ourense Monumental + Catedral de San Martiño
Prezo: Adultos 15 € | Infantil(13-17 anos) 9 €
Ruta de Shopping e Artesanía en Ourense: Descubre o Ourense máis de moda, os seus negocios históricos, artesanía, productos típicos e deseñadores.
Custo: 10 €/persoa – 5 €/nenos (13-18 anos). Grupos reducidos.
Xeitura
Realizamos visitas guiadas por Ourense capital e provincia, especializados na área do Ribeiro e Allariz. Turismo activo e rutas de sendeirismo. Actividades didácticas e culturais para grupos infantís e familias.
Todas os roteiros realízanse previa reserva.
www.xeitura.com
988 440 831
Ourense Monumental: Visita guiada polo centro histórico descubrindo os seus recunchos, historias e monumentos máis interesantes.
Orixes de Ourense: Un paseo por tres puntos clave que relatan as orixes da cidade; o castro de Santomé, a Ponte Vella e os mananciais das Burgas.
Ourense Modernista: Coñeceremos os edificios desta etapa revolucionaria na cidade. Un paseo polo Ourense de Daniel Vázquez Gulías, José Antonio Queralt e Manuel Conde Fidalgo.
Celtia Travel
Axencia de viaxes especializada en sendeirismo, BTT, eventos deportivos e actividades culturais.
Rutas en bicicleta para coñecer Ourense dun xeito saudable e diferente. Rutas ciclointerpretativas, avistamento de aves. Ourense cidade e provincia. Alugueiro e reparación de bicicletas.
www.celtiatravel.com | www.bilurico.com
616 667 446 – /celtiatravel/
Ourense en Bici: Visita guiada polo Centro histórico, excursión a Santomé, birdwatching, baño termal… un xeito diferente de descubrir Ourense sobre dúas rodas. Actividade dispoñible todo o ano.
+ info e reservas en www.celtiatravel.com

Verdant Experiences
Axencia de viaxes receptiva con sede na cidade. Organizamos tours privados de 1 e 2 días polo territorio galego, con saída desde Ourense: aloxamento, transporte, loxística, actividades e experiencias…
http://www.verdantexperiencies.com | http://www.excursionribeirasacra.com/es
689 139 381 | /VerdantExperiencies
La Otero Tours
Somos un grupo de guías turísticos novos, cunha alta formación universitaria e experiencia nacional e internacional.
Apaixónanos comunicar e ser a voz de Galicia, axudando ao visitante a coñocer a verdadeira identidade da nosa terra galega. Especializados en tours creativos en la provincia de Ourense, ofrecemos servicios por toda Galicia.
http://murmullosentremaletas.wordpress.com
647 049 360 | /Dacotero | @dacotero
Discover Ourense
Visitas diarias á cidade de Ourense e percorrido polas vilas da provincia e resto de Galicia. Elaboración de rutas á carta: particulares, colexios, grupos…
Somos guías de turismo oficiais habilitados pola Xunta de Galicia. Falamos galego, castelán , inglés, francés, portugués, italiano e alemán.
676 119 763 | /Discover Ourense | pepemosquera68@gmail.com
Guías Ourense
Somos un grupo de Guías Oficiais de Galicia con máis de 10 anos de experiencia no sector.
Realizamos visitas guiadas, adaptadas a todo tipo de grupos. En calquera cidade ou comarca da provincia de Ourense, así como en calquera outra de Galicia
657 767 432
Gema Seara. Guía Oficial de Turismo
Visitas diferentes para coñecer o corazón de Ourense. Guías turísticas e culturais para particulares, familias, grupos, escolares, asociacións, empresas…
648 602 732 | info@gema-seara.com
bo turismo
Actividades, excursións e visitas guiadas en varios idiomas por Ourense e Galicia. Visita a nosa web e ponte en contacto con nós.
604 005 631 | info@boturismo.com
Déjame que te guíe
Servizo de guía oficial en toda Galicia. Servizo internacional de guía correo.
Visitas temáticas en Ourense, visitas teatralizadas e experiencias PARA TOD@S!
Turismo inclusivo e accesible.