Roteiro básico
Dous mil años de historia déixanse sentir na arquitectura monumental de Ourense, un abano de construcións que convidan a viaxar no tempo: ao Ourense medieval, renacentista, barroco, modernista… e mesmo moito antes, á cidade romana e prerromana, famosa polo ouro do Miño e as augas quentes das Burgas.
Para descubrilo, se tedes pouco tempo, suxerímosvos un roteiro básico e cómodo centrado só no Centro Histórico, con dez imprescindibles que non deberiades perder.
As Burgas
Praza Maior
Museo Arqueolóxico – Antigo Pazo do Bispo
Igrexa de Santa María Nai
Praza da Madalena
Praza do Trigo
Museo Municipal
Catedral de San Martiño
Igrexa de Santa Eufemia
Pazo de Oca Valladares (Liceo)
A orixe de Ourense nunhas fontes milenarias manando a máis de 60º C.
Centro e corazón do Ourense monumental, chama a atención o seu chan inclinado, unha auténtica rareza entre as prazas maiores de España.
Monumento Histórico-Artístico, é o exemplo máis completo de arquitectura civil románica da cidade.
Lugar da primitiva catedral de Ourense, da que conservan as columnas da súa fachada.
Praza que foi antigo cemiterio e aínda hoxe conserva ese ambente sereno e tranquilo. É das máis fermosas da cidade.
Antigo mercado de cereais na fachada sur da Catedral, rodeado de casas nobres.
Arte contemporánea nun antiguo pazo renacentista.
Monumento central de Ourense, ao redor do cal se artella Centro Histórico. É das máis antigas de Galicia, con torres que lle dan aires de fortaleza.
Antigo colexio jesuíta no que sobresae a súa fachada, arquetipo do barroco galego. Chama a atención a súa forma cóncava, usada para outorgarlle unha maior monumentalidade.
É habitual que o Liceo programe concertos, exposicións e demais actividades culturais. A súa cafetaría, no patio central de columnas, é un lugar tradicional de faladoiros na cidade.
Roteiro ampliado
Se quedades con gañas de máis, propoñémosvos seguir descubrindo o Ourense monumental a través dun roteiro ampliado con alternativas algo máis afastadas do centro pero igual de interesantes. En varios dos seus puntos atoparedes algunhas das mellores vistas panorámicas da cidade.
Alameda
Igrexa da Trindade
Praza dos santos Cosmede e Damián
Claustro de San Francisco
Praza do Ferro
Igrexa de Santo Domingo
Igrexa dos Franciscanos
Centro Cultural Marcos Valcárcel
Ponte Vella
Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé
De orixes medievais, é un dos recunchos que aínda conservan o encanto de finais do XIX, con belas mostras de arquitectura modernista.
A imaxe de San Roque dá a benvida a esta singular igrexa, construída sobre unha antiga necrópole romana. O frontón é orixinario do antigo hospital dedicado ao santo, xa desaparecido.
Coñecida por atoparse aquí o curioso Belén de Baltar, foi durante a Idade Media unha das portas da cidade.
Un claustro sen igrexa, recordo do convento franciscano que logo se transformaría en cuartel militar. A fermosa decoración dos seus arcos merece unha visita.
Antigo mercado de utensilios de labranza, é a entrada natural dos «Viños», a zona clásica de tapeo e tabernas en Ourense.
Igrexa pertencente a un antigo convento dominico fundado no século XVII. A sinxeleza da súa fachada contrasta cos retablos do interior, de douradísimo estilo barroco.
Orixinaria do mosteiro de San Francisco, esta pequena igrexa entre grandes edificios modernos agocha nos capiteis da súa fachada a imaxe dun gaiteiro.
Antigo comercio téxtil rehabilitado como centro expositivo, é un magnífico exemplo do Modernismo en Ourense.
Foi o primeiro paso sobre o Miño e todo un fito de enxeñería na Antigüedade. De orixe romana aínda moitas veces reconstruída, a silueta dos seus arcos centrais é un dos símbolos de Ourense.
Lugar de encontro entre a natureza e o pasado, Santomé é un magnífico bosque autóctono que esconde un xacemento arqueolóxico onde conviven a cultura castrexa e a galaico-romana.