Centro Cultural Marcos Valcárcel

Progreso, 30, 32003

Luns a venres: 11.00-14.00 h | 17.00-21.00 Sábados, domingos e festivos: 11.00-14.00h

988 317 895

centrocultural@depourense.es

www.centroculturaldeourense.com

Antigo comercio téxtil rehabilitado como centro expositivo, é un magnífico exemplo do Modernismo en Ourense.

No século XIX varios comerciantes fóronse asentando na cidade, e ao prosperaren construíron edificios símbolo do seu poderío. Un deles foi o edificio Simeón, un almacén e comercio téxtil reconvertido en 1999 en centro cultural, que alberga exposicións temporais, conferencias, biblioteca e a curiosa colección de miniaturas de trens Fernández-Pacheco.

O edificio é nun excelente exemplo do Modernismo en Ourense. Foi construído a finais do século XIX polo arquitecto Serra y Pujol. Propiedade da familia Simeón García, foi almacén, comercio e tamén vivenda, distribuído nos seus case 4.000 metros cadrados de superficie. A sobriedade da súa arquitectura, cunha magnífica cantaría de pedra e unha coidada carpintaría, encaixa á perfección cunha rehabilitación que soubo respectar o carácter señorial deste edificio. Na súa portada obsérvanse símbolos alusivos ao comercio e á industria.

Podes consultar as exposicións actuais desde centro cultural, e outras actividades da cidade de Ourense, na nosa Axenda.