O Paseo termal do Miño fórmano catro quilómetros de senda verde e peonil que concentran até sete espazos termais, moitos deles acondicionados para o baño. Aquí poderedes descansar e relaxarvos mentres gozades dun baño en plena natureza, sexa inverno ou verán. Trátase, sen dúbida, dunha desas cousas que non podedes perder na vosa visita a Ourense.

Este gran parque termal esténdese ao longo das ribeiras do río Miño ao seu paso por Ourense. No seu conxunto, as marxes fluviais son a gran arteria verde da cidade: varios quilómetros de exuberante vexetación polos que pasear, correr ou ir en bicicleta mentres admiramos a natureza e a paisaxe. Na nosa sección de paseos expómosvos unha ruta de menos de 13 km perfecta para descubrir a zona.

No que respecta ao Paseo termal, este discorre pola beira dereita do río e arrinca a poucos metros da Ponte do Milenio. Na zona da Chavasqueira atopamos o primeiro dos espazos termais e o máis próximo ao centro urbano. Aquí, se o nivel do río o permite, pódese gozar dun relaxante baño ao aire libre nas termas de acceso gratuíto. Tamén se trata dunha zona perfecta para deitarse a tomar o sol.

O Paseo termal do Miño continúa até a fonte do Tinteiro, un manancial moi querido e prezado pola veciñanza polas súas propiedades para o coidado da pel. A fonte atópase sobre unha plataforma miradoiro sobre o río e é un bo lugar desde o que observar as aves que fixeron do Miño o seu fogar.

Unha camiñada de algo máis de 2 quilómetros levaranos até Muíño da Veiga, coas súas catro piscinas e as súas magníficas postas de sol. O lugar tamén é accesible en coche xa que conta cun aparcadoiro nas inmediacións). Un pouco máis adiante, as Termas de Outariz ofrecen tratamentos de beleza, saunas e dous circuítos termais a prezos moi competitivos. Xusto antes da pasarela que cruza cara á outra beira, atopamos as piscinas de Outariz e Burga de Canedo, o maior centro de actividade termal en Ourense, de uso gratuíto. Na beira oposta, en Reza, continua a ruta polo Paseo das Ninfas, onde atoparemos a nosa última parada, a fonte de Reza.

1
A Chavasqueira
2
Termas A Chavasqueira
3
Fonte do Tinteiro
4
Muíño da Veiga
5
Termas de Outariz
6
Outariz e Burga de Canedo
7
Fonte de Reza

A Chavasqueira

Termas A Chavasqueira

Fonte do Tinteiro

Muíño da Veiga

Termas de Outariz

Outariz e Burga de Canedo

Fonte de Reza

Pechar
A Chavasqueira

Conxunto de piscinas naturais ao aire libre no comezo do Paseo Termal do Miño. Trátase da zona de baño máis próxima ao centro urbano.

Pechar

Por causa do grave incendio producido o 24 de abril de 2019 estas instalacións están temporalmente fóra de servizo

Pechar

Unha das fontes termais máis queridas na cidade.

Pechar

Espazo de baño ao pé dun antigo muíño nas beiras do río Miño.

Pechar
Termas de Outariz

Un lugar de paz e relaxación a través das augas termais.

Pechar

O espazo termal máis grande de Ourense, con termas ao aire libre listas para o baño.

Pechar
Fonte de Reza
title_grouping

Este manancial no Paseo das Ninfas está alimentado por unha veta termal que cruza o Miño desde a ribeira oposta, cunhas augas moi similares ás da fonte do Tinteiro.