
Fonte do Tinteiro
Paseo do Tinteiro, s/n, 32001
Unha das fontes termais máis queridas na cidade.
Manancial nas beiras do Miño moi querido e visitado na cidade, a cuxas augas termais a tradición atribúe importante propiedades terapéuticas, especialmente no coidado das afeccións da pel.
A fonte atópase nun miradoiro construído en madeira sobre o leito do río, con magníficas vistas da contorna e ao que se accede por unha senda peonil que comeza na próxima A Chavasqueira, que se atopa a 500 metros.
Composición química: augas hipertermais de mineralización débil, radioactivas, fluoradas con ións predominantes de bicarbonato e sodio, moi brandas
Contraindicacións: Consulte co su médico antes de utilizar estas instalacións.
Temperatura do manancial: 37,3ºC
PH: 8.47.
Transportes
Zona peonil
Aparcadoiro gratuíto: Campo da Feira
Autobús L26 | Tren das Termas (L19)
Declaración de agua termal e mineromediciñal: Resolución do 9 de setembro de 2016 (DOG nº211, 7-11-2016)
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais en plena natureza onde descansar e desconectar da rutina.