
Como chegar: Tren das Termas
O Tren de las Termas é o transporte máis cómodo para visitar os espazos termais do río Miño. Se preferides empregar o coche, lembrade que se trata de zonas peonís e que os GPS non sempre indican correctamente.
Desde a Praza Maior, no Centro Histórico, as termas da Chavasqueira (as máis próximas ao centro urbano) atópanse a algo máis de dous quilómetros a pé; podedes facer este traxecto nun paseo que vos levará unha media hora. Ata a zona de Outarize Burga de Canedo,á derradeira parada da Ruta Termal do Miño, a distancia aumenta ata os 7 kilómetros.
A forma máis cómoda para acceder a estes espazos é o Tren das Termas,un colorido trenciño que cubre toda la Ruta Termal do Miño, con parada en A Chavasqueira, O Tinteiro, Muíño de Veiga, Termas de Outariz e Outariz e Burga de Canedo.
El tren sae da Praza Maior e tarda unos 40 minutos en chegar ata Outariz. cubre un fermoso percorrido pola zona histórica e mesmo cruza pola Ponte Vella, desde onde gozaredes dunhas bonitas vistas de Ourense
O billete do tren mércase directamente ao condutor/a e costa o mesmo que o autobús urbano: 0,85€
Tempda baixa (inverno)
- Plaza Mayor: 10, 12, 16, 18, 20 h
- Outariz: 11, 13, 17, 19, 21 h
Tempada alta (verán)
- Praza Mayor: 10, 11, 12,13, 16,17, 18, 20 h
- Outariz: 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19,20, 21 h
+ info en 988 510 672 | www.urbanosdeourense.com
Outras formas de transporte público
Existen dúas liñas máis de autobús ordinario que dan servizo parcialmente ás zonas termais do Miño. A liña 26 (Chavasqueira-Residencia) levaravos até este conxunto de piscinas ao comezo da Ruta, mentres que a liña 5 (Reza-Ceboliño) deixaravos no aparcadoiro de Pozas de Maimón, desde onde só teredes que cruzar a pasarela peonil para estar na área de Outariz e Burga de Canedo.
- L26 – Parada: Parque de San Lázaro – Laborables cada 30 minutos. Sábados, domingos e festivos, cada 70 minutos.
- L5 – Parada: Parque de San Lázaro – Cada 80 minutos.
Si preferides unha sesión nocturna de termas,os taxis da cidade coñecen ben a zona e vos recollerán sen problema.
- Teletaxi 988 210 011
Ás termas en coche
Se preferides utilizar vehículo propio, debedes saber que a ruta termal do Miño é peonil e non poderedes transitar por ela. No entanto, existen tres zonas de aparcadoiro gratuíto moi próximas desde as que acceder comodamente ás termas.
- Campo da Feira: acceso desde a rúa Ribeiriño. Próximo á Chavasqueira e ao Tinteiro.
Coord. GM:42.347735, -7.878155 | GPS:N 42º 20′ 51.846″ O 7º 52′ 41.357″ - Muíño da Veiga: acceso desde la N-120 (señalizado). Próximo a Muíño da Veiga e Outariz.
Coord. GM: 42.352397, -7.909714 | GPS: N 42º 21′ 8.629″ O 7º 54′ 34.97″ - Pozas de Maimón: acceso desde OU-402. Próximo a Outariz e Burga de Canedo.
Coord. GM: 42.348291, -7.912312 | GPS: N 42º 20′ 53.84″ O 7º 54′ 44.23″ - Ver aparcadoiros en mapa
O acceso ás zonas termais do río é peonil, polo que as indicacións do XPS poden xerar confusión. Dirixídevos aos aparcadoiros habilitados, desde os que poderedes acceder fácilmente cun corto paseo.
En bicicleta
Este vehículo de dúas rodas ofrece a magnífica oportunidade de gozar da Ruta Termal do Miño de forma diferente. Na Chavasqueira e Outariz existen puntos de recollida do servizo municipal de aluguer de bicicletas.
Ler máis
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.