
Termas de Outariz
Lugar de Outariz S/N, 32001
Luns, mércores e xoves: 10 a 23 h Venres: 10 a 01 h Sábado: 09 a 01 h Domingo: 09 a 23 h Martes: pechado
Un lugar de paz e relaxación a través das augas termais.
Termas de Outariz é unha instalación inspirada na cultura balnearia de Xapón, o Onsen, que se basea nos principios de respecto e harmonía coa natureza. Lugar de paz e tranquilidade, trátase dun espazo onde gozar dunhas horas de relax e evasión ao alcance de calquera. O recinto termal, con capacidade para 180 persoas, dispón de 11 termas exteriores e 3 interiores organizadas en 2 circuítos:
- Circuíto Zen: coas súas augas calmas e as construcións en madeira e pedras ovaladas, está deseñado para a relaxación e a meditación.
- Circuíto Celta, inspirado na arquitectura dos castros, con termas construídas en pedra. As augas teñen máis movemento, chorros, burbullas e fervenzas. Especialmente indicado para eliminar tensións e contracturas musculares.
Os circuítos contan con rotenburos e ofuros (termas tradicionais xaponesas), chorros de gravidade, jacuzzi, toneis de auga fría para baños de contraste, covas, saunas e un gran spa con efectos de correntes, géyser, catarata e camas de auga. Todo disposto nunha contorna única con vistas ao Miño, rodeada de vexetación.
A experiencia termal pódese completar cunha masaxe ou con algún dos tratamentos de beleza dispoñibles: baños aromáticos, chocolaterapia, viñoterapia, envolturas (barro, algas, té…), tratamento hidratante, peeling, etc.
A estación termal de Outariz dispón tamén de servizo de bar, disposto na zona superior das instalacións, cunha ampla terraza exterior onde gozar dun refrixerio e hidratarse despois do baño. Ademais de refrescos e bocadillos, a carta conta tamén con especialidades xaponesas, incluíndo o sushi.
Para a organización de eventos e reunións, conta cunha sala multiusos de gran capacidade e unha zona de baño reservada.
Horario
Luns, mércores e xoves: 10 a 23 h
Venres: 10 a 01 h
Sábado: 09 a 01 h
Domingo: 09 a 23 h
Martes: pechado
Transportes
Zona peonil
Aparcadoiro gratuíto: Muíño da Veiga, PozasMaimón
Tren das Termas (L19)
Entrada
6,40€ – Posibilidade de adquirir bonos mensuais