
Tren das Termas
Percorre o Paseo Termal co Tren das Termas e achégate a todos os baños termais desta zona peonil
Unha cómoda maneira de coñecer o Paseo Termal de Ourense é empregar o Tren das Termas, un simpático tren de rodas que parte da Praza Maior e percorre a marxe dereita do río Miño, achegándote ata todos os baños desta zona termal.
Non é un tren turístico, xa que non amosa a zona monumental, nin ofrece explicacións turísticas. Porén, adéntrase por espazos restrinxidos a outros vehículos como son o centro histórico, a elegante rúa do Paseo e, sobre todo, o propio Paseo Termal, espazo peonil onde se atopan as termas de A Chavasqueira, O Muíño da Veiga, Outariz e Burga de Canedo.
Ademáis, ten o privilexio de ser o único vehículo que cruza a Ponte Romana, permitindo gozar das bonitas vistas que ofrece este icónico monumento da cidade.
O Tren das Termas inicia na Praza Maior, moi preto das emblemáticas termas das Burgas. Tras parar no entorno do Parque San Lázaro, cruza a Ponte Romana para dirixirse ata o Paseo Termal, onde realiza paradas nas inmediacións de todos os baños termais. Concretamente na Chavasqueira, O Muíño da Veiga, Outariz e Burga de Canedo. Podes consultar o itinerario completo e as paradas no seguinte enlace.
Tarda uns 40 minutos en percorrer os 6 kilómetros que separan a Praza Maior da última parada (as termas de Outariz e Burga de Canedo), e custa 0’85 € cada traxecto (como os autobuses urbanos da cidade), que se pagan directamente ao conductor ou conductora. Lembra que non é circular, polo que para facer a viaxe de volta é necesario baixarse na última parada e pagar o percorrido de regreso.
ACTUALIDADE (14 agosto 2023): Por mor duma avaría o Tren das Termas está operando en horario de Tempada Baixa. Ao mesmo tempo habilitouse un servizo de autobús de reforzo que sae da Alameda (ver parada) e termina no aparcadoiro de Reza/Outariz (ver parada). Saída Alameda: 11, 13, 17 e 19h. Saída Outariz: 12, 14, 18 e 20h.
Tempada baixa
De luns a venres:
- Praza Maior: 10, 12, 16, 18h
- Outariz: 11, 13, 17, 19h
Sábados, domingos e festivos
- Praza Maior: 10, 12, 16, 18, 20h
- Outariz: 11, 13, 17, 19, 21h
Tempada alta
Todos os días
- Praza Maior: 10, 11, 12, 13, 16, 17, 18, 19, 20h
- Outariz: 11, 12, 13, 14, 17, 18, 19, 20, 21h
*Se viaxas con mascotas, carros de bebé ou en cadeiras de rodas é recomendable que consultes as condicións co conductor/a ou a entidade xestora: Urbanos de Ourense 988 510 672 | www.urbanosdeourense.com
Tamén podes consultar outras formas de chegar ás termas da cidade de Ourense neste enlace.
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.
O Tren de las Termas é o transporte máis cómodo para visitar os espazos termais do río Miño. Se preferides empregar o coche, lembrade que se trata de zonas peonís e que os GPS non sempre indican correctamente.