Camino de Santiago en Ourense

Camiño de Santiago

A presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe - Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.

O Camiño Mozárabe – Vía de la Plata

A Vía da Prata ou Camiño Mozárabe conecta Santiago de Compostela co sur de Península Ibérica, comezando tradicionalmente en Sevilla. É o itinerario xacobeo máis extenso en Galicia (uns 200 km de percorrido) e reúne unha ampla variedade de paisaxes e patrimonio histórico que o dotan de excepcional beleza.

A súa orixe remóntase a unha antiga calzada romana que unía Mérida con Astorga. A vía mantívose viva durante a Idade Media, primeiro cos visigodos e logo baixo a dominación islámica (de feito, o nome “Vía da Prata” provén de árabe «bal’latta»). Posteriormente os cristiáns mozárabes utilizaríana para peregrinar a Santiago desde Andalucía e Estremadura.

Desde La Granja da Moreruela (Zamora) este camiño entra en Galicia pola Gudiña. Aquí pódese escoller entre dous itinerarios, un por Laza e outro por Verín, que logo se unen en Ourense, primeira e única cidade galega antes de Santiago.

Desde aquí cúmprense os 100 quilómetros até Santiago, o percorrido mínimo para conseguir a Compostela a pé. Por que non escoller Ourense como principio de ruta para facer o camiño?

A credencial do peregrino

A credencial do peregrino é o pasaporte no que se cuñan os distintos selos das etapas a Santiago. É necesaria para durmir nos albergues e para obter a Compostela, o documento do cabido que certifica a realización da
peregrinación por motivos relixiosos ou espirituais. Para conseguila hai que acreditar polo menos 100 quilómetros a pé ou dacabalo ou 200 en bicicleta.

En Ourense, a credencial pódese adquirir tanto na catedral (988 220 992) como na Asociación de Amigos do
Camiño (988 391 110). Recoméndase confirmar os horarios de venda.

Sinalización

cunchafrecha amarela é o sinal máis común que atopamos no Camiño de Santiago e indica sempre a dirección que seguir. Outro símbolo común é a cuncha de vieira, o outro emblema xacobeo. Símbolo da vida evocación da auga, a cuncha representa a converxencia dos múltiples camiños de Europa en Santiago. Identifica só o percorrido do Camiño, non a dirección.

Na provincia atopamos tamén as singulares «pedras» do escultor Nicanor Carballo, cada unha diferente e única: retámosvos a descubrilas!

O Camiño en Ourense

Ourense recibe ao peregrino no núcleo rural de Seixalbo, un Conxunto de Valor Etnográfico que aínda conserva
a súa traza medieval. Desde aí, o Camiño entra na cidade desde o sur, pola avenida de Zamora e a rúa Progreso até As Burgas, visita obrigada do peregrino desde a Idade Media.

Unha suave subida leva ao novo albergue de peregrinos na rúa da Barreira, a só uns pasos da Praza Maior. Desde aí xa se avista a Catedral de San Martiño, templo románico de transición onde ademais de visitar a capela do Santo Cristo, merece unha parada o policromado Pórtico do Paraíso. Nas rúas contiguas, a zona dos Viños, ideal para descubrir o mellor da gastronomía local en forma de tapas e petiscos.

O Camiño continúa pola Ponte Vella, a máis antiga da cidade. Tras cruzala, hai varias alternativas.

  • O desvío leste conduce pola Avenida de Santiago até o antigo Camiño Real, que leva até a aldea de Cudeiro.
  • O desvío oeste, en troques, segue o trazado da estrada N-120 até a costa de Canedo.
  • Tamén é posible, unha vez cruzada a Ponte Romana, tomar a ruta termal do río Miño e gozar dun reconfortante baño. Esta variante conecta en Quintela co desvío oeste.

Onde durmir

En 2018 abriu as súas portas o novo albergue de peregrinos oficial do Xacobeo na rúa Barreira, xunto ás fontes das Burgas: uns mananciais termais cuxas augas son desde hai séculos un auténtico agasallo para peregrinos e viaxeiros.

Ourense é a primeira gran cidade despois de moitos quilómetros de Camiño, polo que o peregrino ten posibilidade de elixir un aloxamento alternativo: hoteis e pensións nos que gozar dun descanso reparador, pero tamén do animado ambiente urbano e a paz das termas.
Leer máis

deinterescamiño

Enderezos e teléfonos de interese

Catedral de Ourense

Adquisición e selado da credencial do peregrino. + info

Asociación de Amigos Vía da Prata – Camiño Mozárabe

Atención e información ao peregrino. Adquisición e selado de credenciais.
Praza das Damas S/N (CEO) Ver en mapa 988 391 110

Mapa de serviZos

Mapa con xeolocalización de servizos de interese para o peregrino ao seu paso por Ourense.
Ver mapa online Descargar KLM

Compartir

camino-de-santiago

Rutas do Camiño de Santiago en Ourense

Rutas xeolocalizadas dos tramos de entrada e saída a Ourense do camiño de Santiago. Propostas de sendeirismo en Ourense ao redor do Camiño de Santiago.

Rutas xeolocalizadas dos tramos de entrada e saída a Ourense do camiño de Santiago. Propostas de sendeirismo en Ourense ao redor do Camiño de Santiago.

Ler máis

Albergue de peregrinos

Albergue oficial do Xacobeo, a carón das fontes termais das Burgas.

Albergue oficial do Xacobeo, a carón das fontes termais das Burgas.

Ler máis

Consellos para o Camiño

Ideas, recomendacións e pistas para que o teu camiño sexa unha experiencia perfecta.

Ideas, recomendacións e pistas para que o teu camiño sexa unha experiencia perfecta.

Ler máis