-
Se vas dacabalo ou pretendes deixar o coche estacionado na cidade, recoméndase contactar previamente coa policía local (988 388 138).
-
Se es español, debes viaxar sempre coa túa tarxeta da Seguridade Social. Se vés dun país membro a Unión Europea, debes levar a Tarxeta Sanitaria Europea. Se es doutras procedencias é recomendable informarse previamente sobre posibles os convenios con España en materia sanitaria.
-
Planifica ben as etapas en función das túas posibilidades físicas e dosifica esforzos, mantendo o mesmo ritmo en todos os tramos e realizando descansos frecuentes.
-
O coidado dos pés é fundamental para previr bochas; emprega calzado cómodo e xa usado con sola de goma grosa e lixeira. Os calcetíns preferiblemente deben ser de fío ou algodón para asegurar unha boa transpiración.
-
Leva roupa lixeira, ampla e de cores claras, adecuada á época do ano.
-
Leva sempre un chuvasqueiro lixeiro que cubra a mochila.
-
Protexe a cabeza e os ollos do sol, especialmente nas horas de máis calor. Utiliza crema protectora.
-
Mantente sempre ben hidratado e repón forzas periodicamente con alimentos moi enerxéticos.
-
Non te apartes da senda sinalizada. Respecta as normas de circulación e camiña sempre pola marxe esquerda da calzada.
-
Se vas en bicicleta, deberás utilizar o casco e chaleco de visibilidade.
A presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe – Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.