Actualizado o 1 de xullo de 2016.
O Concello de Ourense está firmemente comprometido coa accesibilidade do seu portal e desexa que os seus contidos cheguen ao maior número de usuarios. Para iso utiliza tecnoloxías estándar establecidas polo W3C e segue as Directrices de Accesibilidade WAI 1.0.
Icona de conformidade co Nivel AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 do W3C-WAI
O Portal foi revisado co TAW 3.0, sen detectarse ningún erro automático para a maioría dos contidos na revisión AAA; e cumpre co nivel AA das Directrices de Accesibilidade para o Contido Web 1.0 de W3C-WAI.
Deseño, navegación e interactividade. Tratouse de conseguir unha navegación coherente en todo o sitio web, seguindo os mesmos esquemas estruturais en todas as páxinas. Así mesmo separouse a información da súa presentación gráfica de xeito que os usuarios que o desexen poidan navegar polos contidos a maior velocidade, deshabilitando a descarga de follas de estilos no seu navegador.
Neste portal existen ligazóns a páxinas que se atopan noutros servidores e das cales non nos facemos responsables en canto á accesibilidade das mesmas.
No Concello de Ourense seguiremos traballando para mellorar a accesibilidade do Portal e acadar o nivel de accesibilidade Tripla A