Camiño de Santiago – Entrada en Ourense
Ao entraren en Galicia pola Gudiña, os peregrinos da Vía da Prata poden elixir se continuaren por Verín ou por Laza. Ambos os itinerarios únense nas Pereiras (Taboadela) e seguen pola estrada OU-0102 cara a Ourense. Aqueles que escollan a variante de Laza atravesarán os núcleos de Xunqueira de Ambía, A Pousa e Ourense. O itinerario por Verín e Sandiás, á súa vez, atravesa Allariz, Santa Mariña de Augas Santas e Armeá, co seu castro (asentamento prerromano).
Os peregrinos chegan ao termo municipal de Ourense pola zona do Cumial e Seixalbo, un núcleo rural que os recibe antes de entraren na cidade pola Avenida de Zamora.
Ver mapa online Descargar KLMCamiño de Santiago – Variantes na saída de Ourense
Desde o Centro Histórico, o Camiño en Ourense continúa pola rúa do Paseo até chegar á Ponte Romana, que deberemos cruzar para salvar o río Miño. Na outra beira, xa no barrio da Ponte, o Camiño bifúrcase en dúas variantes.
- O desvío este continúa pola Avenida de Santiago cara ao antigo Camiño Real, que leva á aldea de Cudeiro.
- O desvío oeste segue o trazado da estrada N-120 cara á costa de Canedo e Palmés.
Ambos os trazados únense no sitio de Casas Novas, un pouco antes de Cea.
Existe tamén a posibilidade de, unha vez pasada a ponte, tomar a senda a beiras do Miño ao oeste e percorrer o Paseo Termal, onde ademais de gozar dunha agradable contorna natural, é posible probar as augas mineromedicinais de Ourense (Chavasqueira, O Tinteiro). Pouco antes de chegar ao espazo termal de Muíño da Veiga, na zona de Quintela, esta ruta conecta co desvío oeste cara a Canedo.
Ver mapa online Descargar KLMCamiño de Santiago – Itinerario ecuestre
Para os peregrinos que realizan a súa ruta dacabalo, ligámosvos a proposta de itinerario ecuestre da páxina oficial do Xacobeo. Se desexades entrar na cidade cos vosos animais, recomendámosvos avisar con antelación á Policía Local (Tel. 988 388138)
Ver mapa onlineCamiño de Santiago – Servizos
Mapa con servizos de interese para o peregrino ao seu paso por Ourense.
Ver mapa online Descargar KLMA presenza de augas termais, gran alivio para os pés do camiñante, xunto coa súa situación estratéxica, fixeron de Ourense un fito no Camiño de Santiago desde os seus inicios. Hoxe segue a ser parada obrigada no Camiño Mozárabe – Vía da Prata, o que seguen os camiñantes do sur da Península Ibérica.
Roteiros, itinerarios e visitas para descubrir Ourense… Todos os paseos nun lugar para que non os perdas de vista.