Catedral de San Martiño
Acceso polo Patín Norte. Rúa Juan de Austria, S/N, 32005
Luns: 10:00 a 15:00 | 16:00 a 19:30 De martes a sábados: 10:00 a 19:30 Domingos: 13:30 a 19:00
Monumento central de Ourense, ao redor do cal se artella Centro Histórico. É das máis antigas de Galicia, con torres que lle dan aires de fortaleza.
Horarios especiais Outubro:
– Sábado 12: 13:30 a 19:30h.
– Do 14 ao 27: Luns a sábados: de 10h a 15h; de 16h a 19:30h / Domingos: de 13:30h a 19h.
A historia da Catedral de San Martiño é un periplo de máis de oito séculos de construcións e alteracións que foron modelando a súa estrutura: un templo de cruz latina con influencias compostelás e da arte cisterciense, de estilo románico tardío, xa con notas do gótico. O seu alzado dátase habitualmente entre os séculos XII e XIII. É sen dúbida un dos principais monumentos da cidade, ao redor do cal se articulan as rúas do centro histórico.
Monumental e maxestosa, a Catedral de Ourense aínda conserva certo aire da fortaleza que foi no seu pasado, algo que deixan intuír as súas torres e as ameas da fachada sur.
Exteriores e interiores
Un percorrido polo seu exterior é unha auténtica viaxe no tempo para o ollo atento. A cabeceira, inicialmente con tres ábsidas das que só se conserva unha, transpórtanos ao século XII, mentres que a fachada sur, con saída á Praza do Trigo, lémbranos, coas súas ameas de castelo, o poder que historicamente tivo o bispo en Ourense. Na Praza de San Martiño sitúase a fachada oeste, que foi durante anos balcón e non tivo escalinata de acceso até o século XX. Na súa portada atopamos ao rei David tocando a arpa. Por último, na rúa Lepanto, atópase a fachada norte, que coa súa profusa decoración evoca os cambios que sufriu a cidade durante o turbulento século XV. No alto despunta, pola súa espectacular altura, o belísimo ciborio tardo-gótico, construído xa no XVI.
Na fachada oeste, desde a Praza de San Martiño, pode verse a Torre das Campás, con máis de 40 metros de altura. A visita á torre está incluída na entrada ao templo: coroada polas oito campás da Catedral, desde o seu punto máis alto divísanse magníficas vistas de Ourense. A maxestosidade da torre rompe a simetería desta portada, xa que na súa esquina dereita permanece a nunca construída Torre de San Martiño.
O interior da Catedral destaca polas súas liñas elegantes e austeras. Aquí, o ambiente de serenidade e recollemento convida a pasear polo deambulatorio e as súas varias capelas, deténdonos no seu Cristo románico e na sala dedicada aos Tesouros d Catedral.É imprescindible deterse a admirar o cromatismo do seu Pórtico do Paraíso, a maxestosidade da Capela Maior e a ornamentación da Capela do Santo Cristo.
Para realizar a visita turística á Catedral se accede polo patín (rúa Juan de Austria).
A porta norte
A portada norte, orixinalmente románica, ten engadidos góticos de diversa procedencia. No seu tímpano, baixo a cruz, a Virxe sostén o corpo de Cristo descendido. Á sáu esquerda está o tan repetido milagre de San Martiño partindo a súa capa, e á dereita o apóstolo Santiago peregrino. A portada está franqueada por dous torreóns que dan un certo aspecto de fortaleza á catedral,evocando talvez a súa destrución en 1471 por parte do Don Rodrigo Alonso de Pimentel, conde de Benavente, nun ataque contra a cidade por entón baixo a protección do conde de Lemos.
Se nos fixamos ben, os autores desta porta deixaron unha broma para a posteridade. Hai que buscar un personaxe que nos dá as costas. Se baixamos a vista verticalmente desde o personaxe até o chan veremos un pequeno oco que curiosamente se mantén con auga case todo o ano…
Horario
Luns: 10:00 a 15:00 | 16:00 a 19:30
De martes a sábados: 10:00 a 19:30
Domingos: 13:30 a 19:00
Entrada:
Entrada: * Audioguía incluída no prezo da visita.
Xeral: 7,00 €
Maiores de 65 anos: 6,50 €
Menores de 12 anos: gratis
Carnet Xove, de 13 a 18 anos ou universitarios (ata 25 años): 5,50 €
Escolares ou grupos de máis de 20 persoas: 4,00 €
Peregrinos: 5,00 €
Residentes diócese: 2,00 €
Dúas propostas para mergullarse na historia bimilenaria de Ourense a través dos seus principais monumentos e lugares.
Seguimos as pegadas deste estilo puramente medieval na cidade, nun paseo que comeza na Catedral de San Martiño e continúa explorando o aínda descoñecido rural ourensán.