Capela do Santo Cristo
Interiores da Catedral. Acceso polo Patín norte (rúa Juan de Austria),
Garda una das tallas máis coñecidas da cidade, un Cristo barroco de gran verismo rodeado de lendas.
Conta a lenda que o Santo Cristo de Ourense foi atopado, alá polo século XIV, por uns mariñeiros en Fisterra. Sexa ou non verdade, o certo é que o tremendo verismo desta figura gótica, na que pelo e barba son naturais, houbo de forxar unha continuada e popular devoción que acabou valéndolle a construción dunha luxosa capela na Catedral.
O rotundo verismo desta imaxe, na que barba e cabelo son de pelo natural, alimentou unha infinidade de lendas ao redor do Santo Cristo de Ourense, ademais dunha devoción aínda moi viva.
A capela do Santo Cristo reuniu e reúne un importante patrimonio polas doazóns que sempre recibiu. A ela accédese a través dunha reixa renancentista de Celma, de recargado estilo barroco. O baldaquino é de Domingo de Andrade, o mesmo autor que o da catedral de Santiago de Compostela, e os retablos foron obra do leonés asentado en Galicia Castro Canseco. Neles atópanse tallas de gran interese como a Virxe Branca en alabastro ou o San Mauro de Francisco de Moure. Todo este ornato contrasta coa elegancia renacentista do cadeirado do coro, obra de Diego Solís e Juan de Angés (s. XVI), e que foi trasladado parcialmente a este espazo tras a reforma do templo en 1938.
Na parte superior hai pinturas do século XVIII que representan escenas da vida de Cristo e algunha outra máis recente, como a da cea de Emaús, o que evidencia que as doazóns de obxectos artísticos á capela continúan na actualidade.
Lenda e devoción do Santo Cristo
Ademais das lendas vinculadas á súa orixe mariñeira, o verismo desta talla alimentou durante anos a crenza popular de que lle crece o cabelo, e de que todas as semanas acode un barbeiro á Catedral para cortalo.
A importante devoción que sempre espertou o Cristo ten un belo exemplo nas dádivas que recibe en forma de lámpadas, que colgan do teito dando á capela un certo aire bizantino. Entre as doazóns ao Cristo cóntanse tamén exvotos con forma de barco, ofrendas de mariñeiros. Unha tradición perdida era a de colgar gaiolas de paxaros nas festas da Novena ao Santo Cristo.
Horario
Entrada e horario:
Incluída dentro da visita con audioguía da Catedral de San Martiño