
A Chavasqueira
Campo da Feira S/N, 32001
De 10.00 a 20.00 h
Conxunto de piscinas naturais ao aire libre no comezo da ruta Termal do Miño. Trátase da zona de baño máis próxima ao centro urbano.
A Chavasqueira é o primero espazo termal que atoparemos no Paseo Termal do río Miño, só uns poucos metros logo da espectacular Ponte do Milenio. Trátase do espazo termal de baño nas marxes fluviais máis próximo ao centro urbano: un conxunto de pequenas piscinas ao aire libre construídas en pedra e rodeadas pola vexetación de ribeira e o sons do Miño.
Os vasos para o baño, no que a auga rolda os 40° de temperatura, atópanse nunha gran zona axardinada nas marxes do Miño, un lugar perfecto para descansar e tomar o sol. O espazo conta, ademais, con vestiarios, aseos e consignas á disposición das persoas usuarias, así coma unha fonte de auga potable. A Chavasqueira é tamén das zonas máis facilmente accesibles, pois conta con parada de bus urbano e aparcadoiro gratuíto nas inmediacións.
Un espazo termal con moita tradición
A Chavasqueira nútrese dun manancial termal mineromedicinal coñecido desde moi antiguo en Ourense, e que lle valeu a zona o nome de «Caldas do Bispo». O título fai referencia ao Cardeal Quevedo, quen no século XIX ordenou acondicionalas para maior comodidade dos enfermos que acudían ao lugar buscando a cura termal.
O propio bispo mesmo adecuou un espazo para o seu goce privado, un fornelo de pedra que se pode ver no interior das veciñas Termas da Chavasqueira. O conxunto está ademais intimamente ligado ao xa desaparecido balneario das Caldas.
Xunto a beira do río, xa na auga, asómase a escultura dunha serea, obra do escultor Acisclo Manzano. Dependendo do caudal ás veces pode verse enteira ou so asomando cabeza e cola no río.
Composición química: augas hipertermais de mineralización media, fluoradas con ións predominantes de bicarbonato e sodio, moi brandas.
Temperatura do manancial: 63,6ºC
PH: 7.82
Contraindicacións:
Grave estado xeral da persoa usuaria – Embarazo – Convalecencia tras enfermidades graves, traumatismos importantes, postoperatorios, tras un ciclo de quimioterapia ou radioterapia. – Hipertensión, hipotensión e/ou afeccións cardíacas en grado moderado ou severo – Insuficiencia venosa en grado moderado o severo – Feridas abertas ou recentes, sen protección impermeable.
Espazo termal de uso exclusivamente lúdico. Prohíbese expresamente a prestación de servizos terapeúticos.
En todo caso, recoméndase contar con consello médico antes de empregar as instalacións
Horario
De 10.00 a 20.00 h
Transportes
Zona peonil
Aparcadoiro gratuíto: Campo da Feira
Autobús L26 | Tren das Termas (L19)
Acceso gratuito
Acceso non permitido a menores de 10 anos
Declaración de auga termal e mineromedicinal: Resolución do 29 de maio de 2006 (DOG nº110, 8-06-2007)
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.
O Tren de las Termas é o transporte máis cómodo para visitar os espazos termais do río Miño. Se preferides empregar o coche, lembrade que se trata de zonas peonís e que os GPS non sempre indican correctamente.