Termas A Chavasqueira
Campo da Feira S/N, 32001
Temporalmente pechado
Por causa do grave incendio producido o 24 de abril de 2019 estas instalacións están temporalmente fóra de servizo
ACTUALIDADE: Por causa do grave incendio producido o 24 de abril de 2019 estas instalacións atópanse temporalmente pechadas. Podes consultar as termas abertas na cidade de Ourense neste enlace
As Termas de A Chavasqueira atópanse no Paseo Termal de Ourense, un sendeiro peonil nas beiras do río Miño que empeza a poucos metros da Ponte do Milenio. e que se caracteriza polas súas múltiples zonas termais.
As Termas da Chavasqueira reproducen unha casa de baños tradicional xaponesa, un onsen no que gozar da auga nun ambiente tranquilo e de inspiración zen, cunha coidada arquitectura centrada na madeira e a pedra. Este circuíto lúdico-termal organízase en:
- Rotenburo: combinación de tres piscinas construídas en pedra ao aire libre, con auga a 41º C
- Ofuro: bañeira interior en pedra, con auga a 39º C
- Templarium: sauna zen de pedra e laxa a 40º C e 70% de humidade
- Sudarium: sauna xaponesa de pedra e madeira a 45º C e 85% de humidade
Os visitantes poden completar a experiencia de baño cunha masaxe ou os tratamentos de beleza que se ofertan.
Dous mananciais a 60º e 61º alimentan estas instalacións, con augas de mineralización media bicarbonatadas, sódicas, fluoradas, litínicas e sulfuradas.
Horario
Temporalmente pechado
Transportes
Zona peonil
Aparcadoiro gratuíto: Campo da Feira
Autobús L26 | Tren das Termas (L19)
Entrada:
4,40€ – Posibilidade de adquirir abonos mensuais
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.