
Outariz e Burga de Canedo
Lugar de Outariz, S/N, 32001
De 10.00 a 20.00 h
O espazo termal máis grande de Ourense, con termas ao aire libre listas para o baño.
ACTUALIDADE: Instalación parcialmente aberta.
O espazo termal de uso lúdico de Outariz e Burga de Canedo é o máis grande da cidade, con múltiples espazos para o baño que se estenden pola marxe dereita do río Miño. Trátase dous conxuntos de vasos termais ao aire libre situados nunha gran área recreativa axardinada.
A zona de Outariz conta cun vaso de auga fría e tres de auga quente, mentres que na Burga de Canedo conviven un vaso de auga fría e tres dobres de quente. Unha pasarela peonil conecta a zona de baño coa outra beira do río, onde existe unha ampla zona de aparcadoiro. A zona de baño conta con vestiarios con consignas e aseos a disposición dos usuarios.
As augas da zona son de mineralización débil, hipertermais, biocarnonatadas sódicas, fluoradas e sulfuradas. Afloran en varios puntos entre as gretas da roca granítica, con amplos caudais cunha temperatura ao redor dos 60º C.
Composición química: augas hipertermas de mineralización débil, bicarbonatadas sódicas, fluoradas e sulfuradas.
Temperatura do manancial: 60,2ºC (Outariz) e 60-63ºC (Burga de Canedo)
PH: 7.98 (Outariz) e 7.88 (Burga de Canedo)
Contraindicacións:
Grave estado xeral da persoa usuaria – Embarazo – Convalecencia tras enfermidades graves, traumatismos importantes, postoperatorios, tras un ciclo de quimioterapia ou radioterapia. – Hipertensión, hipotensión e/ou afeccións cardíacas en grado moderado ou severo – Insuficiencia venosa en grado moderado ou severo – Feridas abertas ou recentes, sen protección impermeable.
Espazo termal de uso exclusivamente lúdico. Prohíbese expresamente a prestación de servizos terapeúticos.
En todo caso, recoméndase contar con consello médico antes de empregar as instalacións
Como chegar
A zona de Outariz e Burga de Canedo é de acceso peonil. O aparcadoiro máis próximo atópase na zona de Reza, ao outro lado da pasarela peonil. Tamén é posible aparcar na contorna de Muíño da Veiga. Ambos aparcadoiros son gratuítos.
- Aparcadoiro Reza (Pozas Maimón) Ver en mapa
- Aparcadoiro Muíño da Veiga Ver en mapa – Non apto para autobuses
LEMBRA:
O nome «Outariz» fai referencia a un lugar de Ourense, non ás zonas termais: á hora de realizar a procura no voso GPS incluíde tamén os termos «termas» ou «aparcadoiro».
Horario
De 10.00 a 20.00 h
Transportes
Zona peonil
Aparcadoiro gratuíto: Muíño da Veiga, Pozas Maimón
Tren das Termas (L19)
Acceso gratuíto
Non permitido a menores de 10 anos
Declaración de agua termal e mineromediciñal: Resolución do 4 de xaneiro de 2013 (DOG nº36, 20-02-2013)
A arteria verde da cidade concentra numerosos espazos termais onde descansar e desconectar da rutina.