Claustro de San Francisco
Emilia Pardo Bazán, 37, 32004
Martes-Sábado: 11.30-13.30 h e 17.00-20.00 h Domingo: 11.30-13.30 h Luns: acceso polo Arquivo Histórico (de 9h a 19h30)
Un claustro sen igrexa, recordo do convento franciscano que logo se transformaría en cuartel militar. A fermosa decoración dos seus arcos merece unha visita.
Horario especial Nadal:
– 24 e 31 de decembro: 11:30 a 13:30h
– 25 de decembro, 1 e 6 de xaneiro: pechado
O fermoso claustro de San Francisco, xoia do gótico galego, testemuña a existencia dun antigo convento na parte alta de Ourense, na aba de Montealegre. Fundouse no século XIV, logo do incendio que arrasou co primeiro convento franciscano da cidade, na actual Praza do Correxidor. A orde permaneceu aquí até o século XIX.
En 1843 o antigo convento transfórmase en cuartel de infantaría, que se mantería activo até 1984. O cambio de usos desencadea numerosas reformas. A máis significativa foi, en 1928, o traslado da cabeceira e fachada da igrexa até o Parque de San Lázaro, onde se mantén até hoxe. O claustro, aberto ás visitas, quedou así orfo.
Declarado Monumento Histórico-Artístico en 1923, o Claustro de San Francisco sobreviviu á súa azarosa historia conservando practicamente intacta a beleza dos seus 63 arcos, todos decorados con motivos vexetais, animais (reais e fantásticos) e humanos esculpidos na pedra. Aínda que se considera un claro exemplo de gótico galego, a influencia románica está moi presente.
Os capiteis dos 63 arcos deste claustro son un belo catálogo de seres mitolóxicos, animais e motivos vexetais esculpidos en pedra.
O claustro distribúense ao redor dunha planta só aparentemente cadrada, xa que ningún dos seus lados ten o mesmo número de arcos. Estes están sostidos por columnas dobres, agás os catro primeiros e catro últimos. Nas paredes laterais consérvanse diversos sepulcros. É destacable o acceso á capela funeraria dos Sandoval baixo un arco festonado.
Xunto ao claustro pode apreciarse a nave a antiga igrexa, aínda en pé. Anexa a esta polo sur está a Capela da Venerable Orde Terceira, que hoxe acolle un espazo expositivo onde se amosan parte dos fondos do Museo Arqueolóxico Provincial. Moi preto, no espazo que foi a antiga horta do convento, atópase o Cemiterio de San Francisco, un camposanto no que descansan algúns dos grandes persoeiros da cultura galega.
Un complexo cultural en San Francisco
O antigo convento foi transformándose nos últimos anos ata configurarse coma o gran complexo cultural de Ourense. Ademais da sala de Escolma de Escultura, aquí está o Auditorio Municipal, un espectacular edificio de construción contemporánea que acolle espectáculos de diversa natureza.
A maiores, no ano 2019 trasladouse a San Francisco a Biblioteca Nodal de Ourense: un auténtico fervedoiro cultural que ocupa un edificio magnífico ao redor dun xardín central. O espazo por si só merece xa unha visita. Xunto coa biblioteca instalouse recentemente o Arquivo Provincial, tras uns traballos de rehabilitación do convento asinados polos arquitectos Casabella e Raído que gañaron, entre outros recoñecementos, a mención especial dos Premios de Arquitectura e Urbanismo 2020 que conceden os Colexios de Arquitectos de España.
Horario
Martes-Sábado: 11.30-13.30 h e 17.00-20.00 h
Domingo: 11.30-13.30 h
Luns: acceso polo Arquivo Histórico (de 9h a 19h30)
Contacto
Acceso: Gratuíto
Orixinaria do mosteiro de San Francisco, esta pequena igrexa entre grandes edificios modernos agocha nos capiteis da súa fachada a imaxe dun gaiteiro.
Romántico cemiterio onde descansan algúns dos nomes máis importantes da cultura ourensá.