Visita os tellados da Catedral

A partir de novembro de 2021 xa é posible explorar as cubertas da Catedral de San Martiño, unha perspectiva única e diferente sobre Ourense.

A Catedral Basílica de San Martiño ofrece a posibilidade de descubrir os seus tellados cun programa de visitas guiadas especiais todos os venres e sábados. A apertura deste novo espazo, moi demandando polos turistas e veciños que se achegan ao monumento, pon un broche de ouro á visita cultural da Catedral, un dos emblemas arquitectónicos de Ourense.

As visitas aos tellados ofrecen unha panorámica diferente da cidade á vez que permiten observar e entender mellor as diferentes etapas construtivas do templo: o seu Románico tardío e os seus engadidos góticos, barrocos e modernos. O acceso realízase desde a Torre Sur (Praza do Trigo), para logo continuar o itinerario polos interiores catedralicios, descubrindo a súa xirola, o altar maior e as distintas capelas. A entrada inclúe, nunha única tarifa, ambos os percorridos, pois incorpora a visita con audioguía que xa viñan ofrecendo tradicionalmente a basílica.

As visitas aos tellados realizaranse os venres e sábados en tres pases, ás 11h, 12h e 13h, previa reserva no teléfono 608 505 531 ou o correo electrónico a courense@artisplendore.com. A tarifa é de 12 € para adultos e ten unha duración aproximada dunha hora. Por tratarse dun percorrido por exteriores, estará condicionada ás condicións climatolóxicas e á demanda (mínimo grupos de 5 persoas).

A mesma entidade que xestiona as visitas á catedral permite o acceso a igrexa de Santa María Nai, para un mínimo de 10 persoas e con reserva previa.

Máis info en https://catedralourense.com/.