Aberta a participación na nova edición do Concurso de Pinchos Sabores de Ourense
Despois de ausentarse o pasado por mor da pandemia, a Concellería de Turismo e Termalismo recupera esta acción promocional do 10 ao 21 de novembro. Sabores de Ourense busca potenciar e dar a coñecer a riqueza gastronómica da cidade e as diferentes propostas dos establecementos hostaleiros de Ourense.
As bases reguladoras desta actividade, que cumpre a súa 13ª edición, pódense consultar xa na páxina web do Concello de Ourense. Poderanse inscribir, até o día 15 de outubro, todos aqueles establecementos de hostalaría que ofrezan habitualmente petiscos aos seus clientes.
Poderán participar até un máximo de 65 establecementos, cada local cun único petisco inédito que deberá incorporar como ingredientes cogomelos e/ou castañas na súa elaboración. Ningún petisco participante poderá ter un prezo de venda inferior aos 2 € nin superior aos 3 €.