
Trens Turísticos de Galicia 2021
Os Trens Turísticos de Galicia volven circular. Cinco rutas teñen saída desde Ourense.
Este verán os trens turísticos volven circular. Turismo de Galicia retoma o seu programa de rutas sobre os camiños de ferro da comunidade cuns itinerarios especialmente deseñados para que descubrades Galicia dunha forma única e diferente.
Nesta tempada o programa propón 11 itinerarios con 22 saídas entre os meses de xuño e outubro; cinco delas con Ourense como punto de partida. As propostas deste ano están moi centradas no mundo do viño e permitiranvos entrar nas paisaxes das cinco denominacións vinícolas de Galicia (si, tamén Rías Baixas, cunha ruta interprovincial que combina as paisaxes do Albariño e o Ribeiro). A Ribeira Sacra é, sen dúbida, a que máis datas concentra.
Todas as rutas contemplan traslados en autobús aos diferentes enclaves, actividades asociadas e un guía turístico oficial acompañando aos grupos e detallando os itinerarios.
Rutas con saída desde Ourense
- Ruta do viño da Ribeira Sacra (Miño) – Saídas o 17 de xullo e 2 de setembro
- Ruta do viño da Ribeira Sacra (Sil) – Saídas o 3 de xullo , 28 de agosto, 18 de setembro e 2 de outubro
- Ruta dos viños da Ribeira Sacra e Valdeorras – Saída o 31 de xullo
- Ruta do viño Monterrei – Saída o 14 de agosto
- Ruta dos viños O Ribeiro – Rías Baixas – Saída o 9 de outubro
- Ruta do viño Monterrei – Saída o 14 de agosto
Os billetes para estes trens poden adquirirse nos despachos de billetes de calquera estación de Renfe, na web oficial www.renfe.es e en axencias de viaxe concertadas con Renfe.
DESCARGA A GUÍA OFICIAL