Catedral de Ourense

Reapertura da Catedral de Ourense

El templo recupera su programa de visitas durante este mes de mayo.

A Catedal de San Martiño reabre ao público e recupera o seu programa de visitas turísticasna basílica. Durantes as fins de semana do mes de maio e tamén durante a ponte do 17 de maio (Letras galegas) será posible visitar de novo este templo tardorrománico; o principal monumento de Ourense e unha das catedrais máis antigas de Galicia.

A visita turística inclúe un tour con audioguía dispoñible en castelán, inglés, francés, alemán e italiano, no que se detallan os segredos bda basílica e os seus recunchos máis interesantes: o Altar Maior, a Capilla do Santo Cristo ou o seu magnífico Pórtico do Paraíso. A visita inclúe tamén o acceso á colección “Tesouros da Catedral” e a subida á Torre do Campanario.

O prezo da entrada con audioguía é de 6€. Existen tarifas especiais para maiores de 65 (5,50€), peregrinos (4,50€), de 13 a 18 años e universitarios (4€) e grupos escolares (4€). Para nenos até 12 anos e residentes na diócese o acceso é gratuíto.

CALENDARIO DE VISITAS

  • Venres 14, luns 17 e venres 21 e 28 de maio – de 10.00 a 15.00 h (último acceso ás 14.15 h).
  • Sábado 15 de maio – de 13.00 a 16.00 h (último acceso ás 15.15 h).
  • Domingo  30 de maio –  de 16.00 a 19.00 h (último acceso 18.15 h).
  • Sábados 22 e 29 de maio – de 10.00 a 16.00 h (último acceso ás 15.15 h).

Para calquer dúbida ou información adicional podedes contactar no teléfono 608 505 531´.