Propostas refrescantes 2024

Ideas para refrescarse na cidade de Ourense: piscinas, zonas de baño, praia, chorros de auga....

Achégase o verán e Ourense ofrece moitas propostas para que poidas gozar dunha refrescante estadía na nosa cidade. Aquí presentamos algunhas ideas:

Piscinas Municipais de Oira

7 XUÑo – 8 setembrO

Horario: de 11h a 20h45
Prezo: Gratuítas
Enderezo: Paseo da Praia Fluvial s/n. Oira (Ourense). Localización

Piscinas municipais de acceso libre e gratuíto, con capacidade máxima de 1.800 persoas.

Piscinas BeOne Oira

7 Xuño – Inicios setembro

Horario: Do 7 ao 24 de xuño: venres de 16h a 20h; sábados e domingos: de 12h a 20h. Desde o 25 de xuño: todos os días de 12h a 21h.
Prezo: Menores, xubilados e pensionistas 3 €; adultos 6 €
Enderezo: Padel Oira. Paseo da Praia Fluvial s/n. Oira (Ourense). Localización

Piscinas privadas que forman parte do complexo deportivo Pádel Oira. Máis información no tel. 988 218 600

Piscina Pavillón de Os Remedios

7 Xuño – 8 setembro

Horario: Luns a sábados: de 11h a 20h45; domingos: de 11h a 13h45
Prezo: 3 €
Enderezo: Complexo Deportivo dos Remedios. Avda Pardo de Cela, 2. Localización.

Piscina municipal que se atopa no complexo deportivo dos Remedios, xunto á Ponte Romana. Ademais desta piscina exterior, o pavillón dos Remedios conta con piscinas cubertas de uso deportivo.

Chorros de auga

15 xuño – 15 setembro

Prezo: Gratuíto
Alameda do Cruceiro (Parque Infantil):
Enderezo: Rúa Concello, s/n. Localización. | Horario: de 10h a 21h
*(Venres dinamización infantil de 16h30 a 21h)

Parque Zapatillas (San Francisco):
Enderezo: Rúa Serra Martiñá, s/n. Localización. | Horario: de 11h a 14h e de 17h a 21h

Divertidos xogos de auga que fan as delicias dos cativos.

Praia da Antena

Todo o ano

Horario: Espazo aberto
Prezo: Gratuíto
Enderezo: Paseo das Ninfas s/n. Localización.

Zona de lecer nas beiras do río Miño, moi popular para tomar o sol. Dispón de céspede e duchas para refrescarse. Non conta con vixilancia e o baño pode ser perigoso por mor das características do río.

Parque Acuático de Monterrei

20 Xuño – 15 setembro

Horario: de 12h a 21h.
Prezo: Adultos 4 €; nenos 2 €; menores de 3 anos gratuíto; descontos familia numerosa e persoas con discapacidade. Reserva de entradas nesta web.
Enderezo: Complexo Deportivo de Monterrei. Pereiro de Aguiar Localización

Parque acuático situado a 6 km da cidade, no complexo deportivo de Monterrei, Conta con varias piscinas e catro tobogáns: dous hidrotubos (un aberto e outro pechado), black-hole e space bowl/tornado.

Máis opcións refrescantes

Ourense dispón doutras opcións para o baño, como poden ser as termas da cidade ou as diferentes instalacións que ofrecen aloxamentos como a piscina do Hotel Exe Auriense (de uso exclusivo de hóspedes) ou a zona de spa do Hotel IMI (aberta ao público xeral).
Tamén se pode pasar o día nas praias de Vigo e Baiona, grazas aos traslados que ofrece Autos González.