Hotel & Spa IMI
Un hotel boutique con spa e espírito eco en pleno centro de Ourense.
O Hotel & Spa IMI está situado en pleno corazón da capital ourensá, a 350 metros da Catedral de San Martiño e a 400 das famosas fontes termais das Burgas. Trátase do primeiro hotel boutique con spa da cidade.
O hotel conta con 21 habitacións coidadosamente decoradas, equipadas con aire acondicionado e Wifi gratuíto. Dispón ademais dunha agradable sala de lectura, salón de almorzos e o seu principal atractivo, un spa urbano perfecto para que os seus hóspedes se relaxen e se coiden. Este spa inclúe sauna húmida, sauna seca e unha piscina dinámica, con diferentes chorros e camas de auga.
Como complemento, o hotel IMI dispón tamén de sala para reunións, o que o converte nunha opción interesante non só para hóspedes de vacacións senón tamén para viaxes de traballo.
Aposta pola sustentabilidade
É un establecemento hostaleiro preocupado polo medio ambiente e respectuoso co mesmo. Utiliza materiais ecolóxicos, biodegradables e/ou libres de plástico en toda a decoración e amenities, nun compromiso coa redución de residuos. Ademais, aposta polas enerxías renovables, xa que ten como principal fonte de enerxía unha das máis eficientes, a xeotermia.