De cabazas e castañas

Pocas cosas evocan mejor el otoño que los colores de las calabazas y castañas, sus ocres, pardos, naranjas... En Ourense estos frutos de la naturaleza protagonizan las dos celebraciones con las que damos la bienvenida al otoño, el Samaín y los entrañables Magostos.

En boa compañía, gozando dos agasallos da natureza, empapándonos dos misterios e tradicións dunha cultura antiga e singular,  experimentado en primeira persoa a maxia da cidade cando caen as primeiras follas… No outono estamos de festa en Ourense: diversión, cultura e boa gastronomía.

Acendan as cabazas!

O Samaín é unha festividade de orixe celta que marcaba o comezo do novo ano. Aínda que moito máis coñecida é a súa versión moderna do Halloween, o certo é que a práctica de facer desfilar cabazas iluminadas para conxurar os espíritos e a boa fortuna na noite máis longa do ano estivo presente desde hai séculos en Galicia. Hoxe é unha tradición que se recuperou con novo esplendor e cargada de ambiente festivo.

samainEn Ourense, a noite do 31 é a dos nenos e nenas: eles son os protagonistas do terrorífico desfile de meigas, vampiros, esqueletos e demais criaturas terrroríficas que cada ano toman as rúas.  Este ano os preparativos comezan ás 17.00 h na Asociación de Veciños do Casco Antigo, onde se repartirán cabazas e candeas. A partir das 19.00 horas as luces da cidade apagaranse para ser substituídas por un desfile de candís que percorrerá as prazas do Casco Antigo para acabar cun gran baile na Praza Maior. En colaboración coa Asociación de Artesáns de Ourense, haberá tamén obradoiros didácticos, teatros e moitas sorpresas nunha festa para toda a familia.

As fogueiras dos Magostos

Aínda que esta celebración está asociada a San Martiño, patrón da cidade que se lembra o 11 de novembro, o certo é que, unha vez comezado o mes, calquera escusa é boa para organizar un  Magosto con familia e amizades. Saír ao campo (por exemplo, a Montealegre, un clásico), montar unha fogueira, saltar o lume para atraer  a boa sorte e gozar dos produtos da estación: as carnes de porco, especialmente en chourizos, o viño novo e, sobre todo, as primeiras castañas.
magostos
Este humilde froito é o auténtico protagonista da mesa de outono, non só polas súas excelente calidades nutritivas senón polas súas infinitas posibilidades á hora de elaborar pratos deliciosos, tanto doces coma salgados: crúas, asadas, cocidas, en fariña, como complemento ás carnes de caza, en suxestivas cremas… Sábeno ben os profesionais dos fogóns ourensáns, que un ano máis puxeron o seu esforzo e saber facer nos 49 petiscos que se poderán degustar no campionato gastronómico «Sabores de Ourense». Unha forma diferente e divertida de coñecer a gastronomía ourensá de tempada e unha escusa (outra máis) para vir visitar a cidade das Burgas este outono.

Pensando nunha escapada? Lembra que do 27 de outubro ao 3 de novembro tes desconto nos teus billetes de tren para vir a Ourense.