Vén a Ourense con RENFE

Do 27 de outubro ao 9 de novembro escápate a Ourense cun 30% de descontos nos teus billetes de RENFE. Son días de Festival de Cine, de Pinchos de outono, de Samáin, Magostos...

Moito cine, exposicións, concertos, actividades infantís e novas propostas gastronómicas prometen un fin de mes moi animado na cidade das Burgas, perfecta para aproveitar da ponte do 1 de novembro. Para poñervolo fácil cos vosos plans de escapada, do 27 de outubro ao 9 de novembro propoñémosvo descontos do 30% en todos os billetes de tren con destino a Ourense.  Xusto a tempo para gozar dalgunha das máis de 50 películas en exhibición que presenta o Festival Internacional de Cine, o OUFF, os centos de cabazas que serán paseadas polas rúas do Centro Histórico na noite do Samaín ou os milleiros de castañas e cogumelo que servirán de base para as propostas gastronómicas do Concurso de Pinchos Sabores de Ourese na súa edición de outono.

Como obter o teu desconto 30% en RENFE

  1. Descargade e imprimide o cupón de autorización de desconto. Tanto se mercades o voso billete por internet como na estación, será preciso que o presentedes no acceso ao tren.
  2. Para compras a través de www.renfe.es, abride o despregable de tarifas e seleccionade a opción «Congresos y Eventos». No recadro  “Número de Autorización” teredes que introducir o código que aparece así sinalado no cupón.
  3. Lembrade que este desconto non é acumulable con outras oferta RENFE.
Autorización de desconto 1,2Mb

Tedes xa os vosos billetes de tren para Ourense ?