7 plans para outubro

Encántanos o outono. Coas súas noites máis longas, os primeiros fríos, o aroma das castañas, as paisaxes das vides....e unha chea de propostas irresistibles para a vosa escapada a Ourense. Fixémosvos unha lista, tomade boa nota.

pulpo-extreme

1.Urbano, extremo…e con pementón

Pode que vos soe raro, pero iso é porque aínda non coñecedes o Pulpo Extreme, un festival urbano de nova creación que non ten reparos en apelar ao noso prato máis internacional. Os días 7, 8 e 9 deste mes algúns dos mellores profesionais do deporte extremo daranse cita en Expourense para participar en exhibicións de skate, patín en liña, DHU e outras disciplinas. O programa complétase con grafitti, break dance e boa música…e polbo, claro. Nós non nos imos perder o espectacular descenso en BMX desde San Francisco ata As Burgas.
+ info: http://pulpoextreme.com/

captura

2. 12 días de puro teatro

O FITO – Festival Internacional de Teatro de Ourense– celebra este ano a súa IX edición e o fai cun completo cartel de 12 espectáculos que poderemos ver entre os días entre os días 7 e 19 de outubro en varios escenarios da cidade. Unha programación moi coidada que aposta pola calidade e o arte comprometido e na que non podemos deixar de salientar a última montaxe dos daneses Granhøj Dans; Petrushka-Extended, un espectáculo de danza e música en directo que explora a poética do movemento.
+ info: http://wwww.fitoourense.com

paraiso

3. Outra mirada sobre la Catedral

A xoia monumental de Ourense por excelencia recibe o outono con aires renovados. No vos deberiades perder as visitas culturais e o seu servizo de audioguías para coñecer ao detalle os tesouros catedralicios: pezas de prata do XVIII, esmaltes de Limoges ou o curiosísimo xadrez en cristal de rocha do Tesouro de San Rosendo. Tamén teredes a oportunidade de gozar da recen restaurada Capela da Asunción, do século XVII e a súa flamante policromía.
Tampouco deixedes de visitar a súa (renovada) web: http://www.catedralourense.com

OURENSE TERMAL

4. Con frío e chuvia, mellor nas termas

Xa sabedes aquilo de que en Ourense o bañador usámolo todo o ano. En outono non cambia. Garantímosvos que un baño nas termas de Outariz e Burga de Canedo, baixo a chuvia e cun pouquiño de frío é algo que non cambiaredes por nada. E, ademais, engancha. Avisados quedades.

29092016-20160929_5342

5. 100 anos de Prego de Oliver

Máis de 1.700 obras en exposición ata o mes de xaneiro integran a homenaxe coa que Ourense lembra a un dos seus pintores máis polifacéticos, Manuel Prego de Oliver,no centenario do seu nacemento. 3 grandes exposicións en diferentes espazos integran un programa que se completa con obradoiros didácticos, conferencias e publicacións. Unha oportunidade para descubrir a figura dun artista que pasou toda unha vida na procura “da materia no espírito” a través dos seus pinceis; en retratos, bodegóns e esceas do cotián. Imperdible achegarse á Sala Valente para ver o recuperado mural do Hotel Parque, unha obra colosal de máis de tres metros de lonxitude totalmente restaurada.
+ info: http://www.ourensecultura.org

vinedos

6. Tempo de vendimas

Coa recolección da uva en pleno apoxeo, estes son días privilexiados para achegarse a algunha das zonas de produción vinícola que rodean á cidade de Ourense e empaparse dos aromas, sons e incribles paisaxes desta época. Non deixedes de visitas as bodegas da comarca do Ribeiro para participar dunha práctica tradicional, a recolección a man, que fai posible viños inesquecibles. Os días 8 e 9 de outubro tamén podedes subir ao Viñobús da Ribeira Sacra, unha experiencia perfecta para descubrir os segredos dos nosos caldos.

samain

7. Alguén dixo medo? Samaín 2016

Bruxas, esqueletos, pantasmas, vampiros… a noite do 31 de outubro é a noite por excelencia para gozar do medo cos máis pequenos da casa. Haberá obradoiros de baleirado e preparación de cabazas-candil e un gran desfile nocturno con fin de festa na Praza Maior. Para os máis noctámbulos a noite continuará nos Viños, sempre e cando non esquecerades o disfraz na casa…en Samaín tampouco o perdoamos!