Guía para un Nadal en Ourense

En Nadal Ourense brilla con luz propia. Estes días a cidade énchese de cor e vida, cun montón de actividades para gozar todos xuntos nestas datas entrañables. Aquí deixámosvos unha pequena guía para que non perdades detalle.

1. Visitar un belén

O 16 de diciembre inaugurase o Nadal en Ourense como manda a tradición: a ritmo de panxoliñas e fronte ao Belén de Baltar, un ha auténtica xoia do arte galego que é visita obrigada nestas datas. Con seu máis dun centenar de figuras de barro obra do escultor Arturo Baltar, este fermoso conxunto vai moito máis alá da clásica representación do nacemento de Xesús, incluindo numerosas escenas do Ourense de outrora: os traballos do campo, a tabernas, os nenos xogando na praza…Até o 8 de xaneiro amplia horarios e, ademáis, a visita é de balde (de 11.30 a 14.00 h e de 17.30 a 20.30 h).

A tradición belenista da cidade non remata aquí. Estes días tamén é posible visitar as creacións dos participantes no certamen municipal de beléns, unha cita con 21 anos de traxectoria en Ourense. A exposición de beléns do mundo que cada ano organiza o Bispado tamén merece unha visita.

+ info: www.ourensecultura.com

2.Escoitar panxoliñas

As igrexas de Ourense transfórmanse en escenarios para acoller diferentes propostas musicais durante estas festas. A de Santa Eufemia  farao os días 19, 19, 20 e 21 de decembro, onde a partir das 20.30h poderánse escoitar os tradicionais vilancicos e panxoliñas de Nadal. O cantautor Emilio Rúa ofrecerá un ciclo de seis concertos en igrexas e capelas e a banda ourensá Priscila, pola súa banda, será a encargada de ambientar, coas súas versións de Nadal as rúas de Ourense os días 18,18,20 e 22.
Ademáis, continúa o 1º Ciclo de Lírica Ourense 2016.
+ info na nosa axenda

3. Asistir a un espectáculo de luz e cor

Por exempro, a algún dos pases do videomapping preparado para ls días 17, 24 e 30 (ás 20 e 21.00 horas); unha proxección de imaxes sobre a fachada da Casa Consistorial acompañada de efectos de luz e son  que o ano pasado deixounos a todos coa boca aberta, e que este promote ateigar a Praza Maior. O día 5 tamén haberá fotos de artificio sobre o río Miño, unha fermosa imaxe coa Ponte Vella de fondo. Para recibir os Reis Magos como merecen.

4. Pasear por un mercadillo

Entre os días 21 e 24 Ourense estrea o seu PopUp Market de Nadal, un mercado efímero en forma de carpa instalado na Alameda e adicado a mocidade creadora: artesanía, deseño, moda, complementos…Unha proposta ideal para mercar os agasallos de último hora e onde tamén haberá música ao vivo, actividades infantís e  un espazo gastronómico onde descubrir dos sabores deste Nadal.
+ info no seu evento en Facebook: https://www.facebook.com/pOpUpOurense/

5. Divertirse en familia

Porque os máis pequenos da casa son os auténticos protagonistas nestas datas, en Ourense atoparades un montón de plans para pasar un bo rato todos xuntos. Xunto coa programación infantil do Auditorio  (cine, música e moitas sorpresas), a partir do día 26 volve á cidade unha nova edición da Mostra de Teatro Infantil MOTI 2016, cargada de espectáculos para pequenos e  maiores en distintos puntos da cidade. Na Alameda,entre os días 2 e 6 de xaneiro estará instalada a carpa Domo Baby, un espazo para bebés con actividades musicales e de estimulación temprana.
+ info: www.ourensecultura.com

6. Tampouco vos perdades…

  • Papá Noel e os seus elfos visitan Ourense: os días 21, 22 e 23 estarán na Praza Maior recollendo as cartas deste Nadal.
  • Carreira popular de San Silvestre: Que vos parecería despedir o ano cun pouco de deporte?  O 31 de decembro organízase esta carreira en circuíto urbano con case 7 km de percorrido  se organiza esta carrera pedestre por un circuito urbano de casi 7 km. Saídas ás 16.30 h do Parque Barbaña.
  • Gran Festa de Aninovo coa Orquesta Panamá: na Praza Maior a partir das 00.30 h
  • A partir do 2 de xaneiro, os Paxes Reais estarán en Ourense recollendo cartas e pulindo as botas e zapatiños dos cativos e cativas, deixando todo listo para a chegada das Suas Maxestades, Os Reis Magos de Oriente: a súa cabalgata será o día 5, con saída ás 17.30 h da Estación de Tren.
Descarga a programación completa Nadal 2016 en Ourense