Genuine Galicia – Visit Ourense

Genuine Galicia é unha empresa de turismo da cidade de Ourense fundada por Rosa Dorado, Guía de Turismo de Galicia. En colaboración con un grupo de guías turísticos profesionais locais, Genuine Galicia realiza rutas e visitas guiadas por Ourense e Galicia. Apostando por un turismo responsable co medio, o patrimonio e as persoas. Genuine Galicia ofrece visitas guiadas, rutas temáticas, excursións, escapadas personalizadas, rutas didácticas… Grupos, particulares e colexios. Ourense cidade, provincia e toda Galicia.

Idiomas: Español – Galego – Italiano – Francés – Alemán – Inglés – Portugués.

www.visitourense.es | www.genuinegalicia.com
675 558 545

Actividades dispoñibles todo o ano

Visita guiada ao Ourense Monumental: O tour permite coñecer a zona histórica de Ourense, o seu ensanche modernista, e a zona medieval coa súa curiosa e inclinada Praza Maior, as fontes das Burgas, etc.

Visita guiada á Catedral de San Martiño: Descubre ao detalle todos os segredos da Catedral de Ourense, incluíndo a beleza do seu Santo Cristo, a sala dos tesouros e a sinfonía de cores do seu Pórtico do Paraíso.

Tour Combinado: Ourense Monumental + Catedral de San Martiño

Outras rutas: Conxunto histórico-artístico de San Francisco, Ourense fluvial e termal, Ruta de Shopping e Artesanía en Ourense, Tours gastronomía e viños. Ademáis excursións a Ribeira Sacra, Allariz, Ribeiro, Celanova Baixa Limia, Monterrei, Valdeorras, Montaña Ourense, Carballiño, Limia e Baixa Limia…

logo-coop

Xeitura

Somos unha empresa adicada á posta en valor e difusión do noso rico e abondoso patrimonio. Realizamos visitas guiadas por toda a provincia de Ourense, sobre todo na capital e nas  áreas do Ribeiro e Allariz. Tamén temos un amplo abano de visitas teatralizadas nos mesmos lugares e rutas de Turismo activo e sendeirismo.  A maiores, facemos actividades didácticas e culturais para grupos infantís e familias.

Todas as actividades se realizan previa reserva.

www.xeitura.com
609 474 976

Ourense Monumental: Visita guiada polo centro histórico descubrindo os seus recunchos, historias e monumentos máis interesantes.

Orixes de Ourense: Un paseo por tres puntos clave que relatan as orixes da cidade: o castro de Santomé, a Ponte Vella e os mananciais das Burgas.

Castro de Santomé: Descubrir a cultura castrexa na cidade non pode ter mellor marco paisaxístico. Este conxunto arqueolóxico e natural ten moito que ofrecer e contar a todo aquel que o queira coñecer.

Guías Ourense

Somos un grupo de Guías Oficiales de Galicia con máis de 20 anos de experiencia no sector.
Realizamos visitas guiadas, adaptadas a todo tipo de grupos. En calquera cidade ou comarca da provincia de Ourense, así como por toda Galicia.

www.guiasourense.com/
657 767 432

Gema Seara. Guía Oficial de Turismo

Visitas diferentes para coñecer o corazón de Ourense. Guías turísticas e culturais para particulares, familias, grupos, escolares, asociacións, empresas…

www.gema-seara.com
648 602 732 | info@gema-seara.com

Déjame que te guíe

Servizo de guía oficial en toda Galicia. Servizo internacional de guía correo.
Visitas temáticas en Ourense, visita teatralizadas e experiencias PARA TOD@S!
Turismo inclusivo e accesible.

www.dejamequeteguie.com/
647 978 597 | nataliapresariobo@gmail.com

Discover Ourense

Visitas guiadas organizadas á cidade de Ourense e percorridos polas diferentes vilas da provincia e polo resto de Galicia. Axudámoslle a montar esa experiencia que anda buscando. Rutas temáticas: Tour de Tapas por Ourense, Ourense de Cinema, Pesoeiros de Ourense, Camiño de Santiago…

Somos guías de turismo oficiais habilitados pola Xunta de Galicia. Falamos galego, castelán, inglés, francés, portugués, italiano e alemán.
https://discoverourense.es/
pepemosquera68@gmail.com | 676 119 763 | /DiscoverOurense |

Guíame Galicia

Guías oficiais que ofrecen visitas guiadas de diferentes tipos, tais como free tour en Ourense de grupos reducidos, visitas caracterizadas e visitas guiadas tanto en Ourense como en calquera cidade de Galicia.
www.guiamegalicia.com/
guiamegalicia@gmail.com | 697 532 683 | @guiamegalicia

Actividades dispoñibles todo o aNo

Visitas guiadas privadas por Ourense: Disfruten con nós dunha visita privada pola cidade Aurea, onde os protagonistas son votedes. Indíquenos a hora e o día e nós faremos o resto.

Visita guiada de Ourense: Descobre a cidade o ouro e das augas termais.

Paseos guiados: Descubrindo Galicia cos nosos paseos guiados colaborando con Guido Guía: “o Miño que nos une” e “Ourense menos coñecido”

Free Tour de lendas e misterios de Ourense: Este free tour permite coñecer en 2 horas o que agocha Ourense. Viaxará no tempo polas súas rúas e prazas únicas para impregnarse da maxia e tradicións ancestrais da cidade.

La Otero Tours

Somos un grupo de guías turísticos xoves, con alta formación universitaria e experiencia nacional e internacional, con máis de 16 anos de experiencia no sector.

Apaixonanos comunicar e ser a voz de Galicia, axudando ao visitante a coñecer a verdadeira identidade da nosa terra. Estamos especializados en tours creativos pola provincia de Ourense (Ribeira Sacra, Ribeiro, comarca do Carballiño, Baixa Limia, Vía de la Plata, etc.) e ofrecemos servizo en toda Galicia en diferentes idiomas (castelán, galego, alemán, portugués [BR e PT] e inglés).

www.murmullosentremaletas.com
647 049 360 | /Dacotero | @dacotero

Actividade dispoñible todo o ano

Agua, deuses e cidade. Descubre a Capital Termal de Galicia: queremos contarte un conto… Vai de termas, de romanos, de auga a borbotones, de licor café, de zente con moita chispa, de pulpo á feira e pan de Cea, de deseñadores de moda, de praciñas con encanto e de moita historia … Vai de ensinarche a coñecer Ourense e a nosa esencia! Vés?

Duración: 2 h 30 min

Milhistorias. Fotografía e Patrimonio

Guía oficial de turismo e Fotógrafa profesional
Guiamos grupos de persoas interesadas en descubrir o patrimonio mentres aprenden a fotografialo. Guiamos cursos intensivos de fotografía ao tempo que aprendemos a mirar e coñecer o noso patrimonio material e inmaterial.
Tamén realizamos visitas guiadas turísticas para grupos, familias, particulares… En comarcas e vilas de Ourense como Allariz, Ribadavia, Verín-Monterrei, Celanova,Valdeorras… e o resto de Galicia.
Idiomas: galego, castelán e francés.
www.milhistorias.eu/
escribeme@milhistorias.eu | 629 882 391 |

Verdant Experiences

Axencia de viaxes receptiva con sede na cidade. Organizamos tours privados de 1 e 2 días polo territorio galego, con saída desde Ourense: aloxamento, transporte, loxística, actividades e experiencias….

http://www.verdantexperiencies.com | http://www.excursionribeirasacra.com/es
689 139 381 | /VerdantExperiencies