Capela dos Remedios
Capela anexa á Ponte Vella, coa que forma Conxunto Histórico Artístico Nacional. A súa popular romaría celébrase o 8 de setembro.
Unida á Ponte Vella, coa que forma monumento histórico-artístico nacional desde 1961, atópase esta capela fundada polos Méndez Montoto en 1522. Garda no seu interior a imaxe de pedra da Virxe dos Remedios, cuxa romaría, que se celebra o 8 de setembro, reúne un considerable número de participantes.
Na fachada, moi sinxela, só locen dous escudos de armas da familia a ambos os dous lados da portada.
O interior consta dunha nave e dúas laterais separadas por columnas. Próximo á cabeceira atópase o sepulcro marmóreo de Francisco Méndez Montoto, xuíz, rexedor e procurador xeral da cidade (1450-1550).
O campo onde se sitúa foi lugar de duelos e desafíos, solar de circos ambulantes, praza de touros, sede da primeira eléctrica ourensá, recinto feiral e mercado.
O campo onde se sitúa foi lugar de duelos e desafíos, solar de circos ambulantes, praza de touros, sede da primeira eléctrica ourensá, recinto feiral e mercado. Actualmente está ocupado por instalacións deportivas. Nos xardíns do outro lado da estrada destaca a obra escultórica de Antonio Faílde, traída desde a Casa de Campo de Madrid onde formaba parte da Feira de Mostras
Recentemente un gran incendio causou considerables danos a esta capela, que hoxe podemos ver restaurada.