Princess

Hotel

Avda Habana, 45, 32004

988 269 538

hprincess@hotelprincessorense.com

www.hotelprincess.net/

Clásico hotel urbano a poucos metros do centro comercial.

O hotel Princess está localizado no centro de Ourense, nunha das principais rúas da cidade e a só uns metros da comercial rúa do Paseo, que conduce directamente ao centro histórico.

Entre os servizos do hotel destaca a cafetaría e restaurante, conexión Wi-Fi gratuíta en toda as instalacións do hotel, lavandaría e aparcadoiro. Os hóspedes poderán facer algunha das súas compras nas tendas situadas no seu interior.

Na súa oferta de aloxamento, o hotel Princess dispón de 56 habitacións dotadas de aire acondicionado, televisión vía satélite e hidromasaxe opcional.

Coa intención de ofrecer servizos especializados, conta con descontos especiais para empresas, para as que ofrece até 4 salóns pensados para eventos, reunións e congresos.

A súa web admite reservas online.