A Estancia das Mercedes

Vivenda de Uso Turístico

Rúa Arturo Pérez Serantes, 5, 32004

605 965 156

info@turisteourense.es

Vivenda de uso turístico dun dormitorio e capacidade para 2 persoas.

A Estancia das Mercedes é un acolledor apartamento tipo estudio moi próximo á zona histórica, a escasos 5 minutos camiñando da Praza Maior, a Catedral de San Martiño, as fontes das Burgas ou a zona dos Viños. Na contorna dispón de todos os servizos necesarios, supermercados, aparcadoiros, farmacias, restaurantes, comercios, etc.

O aloxamento conta con 61 m² útiles distribuídos en hall, salón-comedor, cociña independiente, un dormitorio con cama matrimonial e armario empotrado, así como un cuarto de baño completo. Dispón de todo o enxouval necesario, incluído WiFi gratuito.

Este apartamento é indicado para persoas con pouca mobilidade, xa que o baño ten prato de ducha, o portal non ten escaleiras e dispón de ascensor.

En A Estancia das Mercedes priorizan a seguridade dos seus hóspedes polo que cumpren con todos os protocolos COVID-19 necesarios para garantir que a estadía sexa completamente segura.

Consulta dispoñibilidade e realiza reserva nesta ligazón.