A Morada das Camelias

Vivenda de Uso Turístico

Rúa San Francisco, 7, 3º, 32005

605 965 156

info@turisteourense.es

Vivenda de 2 cuartos e capacidade para 6 persoas.

A Morada das Camelias é unha vivenda de uso turístico que se atopa na zona monumental de Ourense, a tan só 4 minutos andando da Catedral de San Martiño e moi preto dos principais atractivos turísticos da cidade de Ourense.

O piso é tipo dúplex e conta con dous cuartos con camas dobres e un sofá cama con capacidade para dúas persoas, un cuarto de baño, salón e cociña americana completamente amoblada e equipada. Este aloxamento conta con todos os utensilios de cociña necesarios, toallas e sabas. Ademáis dispón de WiFi. A vivenda sitúase nun terceiro andar con ascensor.

Na Morada das Camelias priorizan a seguridade dos seus hóspedes polo que cumpren con todos os protocolos COVID-19 necesarios para garantir que a estadía sexa completamente segura

Pode consultar dispoñibilidade e realizar reservas nesta ligazón.